Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicios consistente na impresión da revista Consumidores do Instituto Galego de Consumo.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das

administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Instituto Galego de Consumo.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: impresión da revista Consumidores Instituto Galego de Consumo.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 38, do 22-2-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

Importe total: 6.000.000 de pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 9-4-2001.

b) Contratista: Ábaco Comunicación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 5.925.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo