Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título D.OU-14/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro),

notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O interesado poderá presentar contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 9 de abril de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente nº D.OU-14/2000 (ocupación sen título).

Ocupante: Francisco Javier Montoya Rosillo.

Enderezo coñecido: grupo 1º de Maio, bl. XIII, 2º esq. 32600 Verín.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-82/030, sen título legal.

Precepto aplicable: art. 30.2ª do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e art. 138.2ª do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.