Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.428

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2001 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de titulado superior da oficina de relacións internacionais, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Coa finalidade de atende-las necesidades de persoal de administración e servicios, este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 en relación co artigo 3 e) da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza de titulado superior da oficina de relacións internacionais, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de titulado superior da oficina de relacións internacionais, do grupo I, polo sistema de promoción interna. De non cubrirse a praza reservada a promoción interna, ofertarase para a súa provisión polo sistema de acceso xeral libre.

1.2. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de provisión.

1.3. O proceso selectivo constará das seguintes fases: oposición e concurso, coas probas e puntuacións que se especifican no anexo I.

1.4. O programa que rexerá as probas da fase de oposición é o que se relaciona no anexo II.

1.5. Estas probas selectivas axustaranse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991, e pola Lei 3/1995; no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo; nos estatutos da Universidade de Vigo e o disposto nesta convocatoria.

2. Requisitos de admisión.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e mantelos durante todo o proceso selectivo:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de 21 anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación.

c) Estar en posesión do título de licenciado, arquitecto superior ou enxeñeiro superior ou tituación equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado ou estar suspendido do servicio de calquera Administración pública nin inhabilitado para o desempeño da función pública por sentencia firme. Os aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán pertencer ó cadro de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e a unha categoría profesional distinta á das prazas obxecto desta convocatoria.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para tomar parte nestas probas selectivas axustaranse ó modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e deberán presentarse achegando fotocopia do DNI. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar, deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acreditasen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo. Os méritos alegados acreditaranse do seguinte xeito:

3.1.1.Os servicios prestados nas universidades públicas de Galicia acreditaranse mediante certificación da xerencia correspondente, referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.1.2.Os cursos alegados acreditaranse mediante a presentación dos títulos e diplomas correspondentes, copia compulsada ou certificación do órgano competente de estar en condicións de obtelos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Vigo no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.3. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Vigo ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os aspirantes non poderán presentar máis dunha solicitude nin solicita-la súa participación nas probas selectivas, simultaneamente, en máis dun sistema de acceso. A contravención dalgunha desta normas determinará a exclusión dos aspirantes.

3.4. Os dereitos de exame serán de 7.525 pesetas (45,23 euros), e ingresaranse na conta corrente número 2080-0000-74-0040225994, Universidade de Vigo. «Outros ingresos». (Caixavigo, O.P. de Vigo), facendo constar no impreso o enunciado Titulado Superior da Oficina de Relacións Internacionais. Na solicitude deberá figura-lo selo da entidade bancaria acreditativo do pagamento dos dereitos de exame; a súa falta determinará a exclusión do aspirante.

En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude perante o órgano expresado na base 3.2.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ós aspirantes que sexan excluídos definitivamente da realización das probas selectivas e que cubrisen os datos bancarios necesarios para face-la devolución.

Estarán exentas do pagamento as persoas cunha discapacidade igual ou superior ó 33%, sempre que xunten á súa solicitude, presenten as certificacións que a acrediten.

3.5. Os aspirantes deberán observa-las seguintes instruccións para cubri-la súa solicitude:

a) No recadro nº 2 indicarase a quenda pola que se solicita acceder.

b) Os aspirantes con minusvalidez poden solicitar no recadro nº 8, as adaptacións de tempos e medios que, para a realización das probas consideren necesarias.

c) No recadro número 16 indicarase o idioma elixido (alemán ou francés).

3.6. Os erros de feito que puidesen advertirse poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por pedimento do interesado.

3.7. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningún pedimento desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo publicará no taboleiro de anuncios do rectorado, no prazo dun mes, resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión das causas que motivasen a exclusión e o prazo de emenda dos posibles defectos, que será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución.

4.2. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

Na resolución rectoral mediante a que se aprobe a relación definitiva, publicada no rectorado, indicarase así mesmo o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio. Contra esta resolución poderase recorrer de acordo co previsto na Lei 30/1992.

4.3. En todo caso, co obxecto de evitar erros e, no suposto de se produciren, para posibilita-la súa emenda en tempo e forma, os aspirantes comprobarán fidedignamente non só que non figuran na lista de excluídos, senón que os seus nomes constan correctamente na relación de admitidos.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles circunstancias das previstas no

artigo 28 da Lei 30/1992 ou se tivesen participado en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se atoparen incursos nas circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias citadas.

5.3. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal coa asistencia do presidente e o secretario, ou, de se-lo caso, daqueles que os substitúan, e a metade, polo menos, dos seus membros. Nesta sesión, o tribunal acordará tódalas decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. Para os efectos de realización de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a asistencia dos membros do tribunal especificada no punto anterior.

5.5. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que poidan xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ó disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores faraa o rector da Universidade de Vigo, por proposta do tribunal, e seralles de aplicación o previsto na base 5.2.

5.7. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para realizaren os exercicios co resto dos aspirantes. Para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.5.b), estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.8. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O tribunal excluirá aqueles opositores que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.9. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no rectorado da Universidade de Vigo, rúa Oporto 1, teléfono 986 81 36 36.

5.10. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou as probas selectivas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos aspirantes iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «T», de conformidade co establecido na Resolución do 14 de febreiro de 2001, da Consellería de Presidencia e Administración Pública (DOG do 23 de febreiro).

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal nos lugares onde se realizase o anterior, así como na sede do tribunal e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con 48 horas de antelación, polo menos, á data sinalada para o seu inicio.

6.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos por esta convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Vigo, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública nos lugares da súa realización e no rectorado a relación de aspirantes que os superasen, con indicación da puntuación obtida e do documento nacional de identidade.

7.2. Rematada a fase de oposición, e para os aspirantes que a superasen, o tribunal fará pública a puntuación obtida na fase de concurso, que en ningún caso poderá sumarse para efectos de supera-los exercicios da oposición.

A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e de concurso.

No caso de empate na puntuación final, dirimirase a prol do aspirante que obtivese maior puntuación no conxunto da fase de oposición; de persisiti-lo empate, acudirase á puntuación obtida nos exercicios na orde en que figuran no anexo I; en último caso, resolverá o tribunal.

O tribunal fará pública para cada sistema de acceso a lista de aspirantes que, segundo a orde de puntuación acadada por cada un deles, fosen seleccionados, que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se atopen incluídos nas respectivas relacións terán a consideración de non apto para tódolos efectos, único extremo verbo do que o tribunal poderá certificar.

7.3. Rematado o proceso selectivo, o presidente do tribunal presentaralle ó rector a relación definitiva de aspirantes aprobados, segundo o respectivo sistema de acceso e por orde de puntuación, xunto

coa proposta de contratación a prol dos candidatos que superasen o devandito proceso, que se publicará no taboleiro de anuncios do rectorado.

7.4. Os aspirantes seleccionados deberán superar satisfactoriamente un período de proba de seis meses, de conformidade co previsto no artigo 14 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo (BOE do 29), polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que se fagan públicas as relacións definitivas de aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia do título académico esixido.

b) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os aspirantes cun grao de minusvalidez igual ou superior ó 33% deberán acreditar estes extremos mediante certificación dos órganos competentes de sanidade ou servicios sociais da Administración que corresponda.

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

8.2. Os que tivesen a condición de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para acceder ó seu anterior posto, debendo presentar certificación da universidade correspondente para acreditar tal condición, de non tela presentado con anterioridade.

8.3. Os que dentro do prazo fixado, agás caso de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser contratados como persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

8.4. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida, sumadas ámbalas dúas fases. En todo caso, os aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre os da quenda libre para elixir destino.

9. Norma derradeira.

Esta convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 29/1998, do 13

de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Ademais, a Universidade de Vigo poderá, de se-lo caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal consonte o previsto na devandita Lei 30/1992.

Vigo, 25 de abril de 2001.

P.D.(Resolución 20-4-2001)

Pedro Merino Gómez

Vicerrector de Desenvolvemento e Transferencia de Ciencia e Tecnoloxía

ANEXO I

Exercicios e valoración

A. Fase de opocisión.

Primeiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en realizar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas das que só unha será correcta, baseado na primeira parte do programa (anexo II). O tempo máximo de realización será de 120 minutos.

Segundo exercicio: obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito un tema elixido por sorteo entre os que figuran na primeira parte do programa. O tempo máximo de realización será de 60 minutos.

Terceiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio.Versará sobre o coñecemento de dous idiomas: inglés, obrigatoriamente, e outro elixido polos aspirantes entre o francés e o alemán. Desenvolverase en dúas probas:

a) Proba escrita: consistirá na traducción con diccionario de dous textos, un do castelán ou galego para o inglés e outro para o alemán ou para o francés, e na redacción de dous textos, un en inglés e outro en alemán ou francés, que se realizará sen diccionario. O tempo máximo de realización será de 60 minutos para cada idioma.

b) Proba oral: unha sobre o idioma inglés obrigatoriamente e outra sobre francés ou alemán. O tempo máximo de realización será de 60 minutos.

Cuarto exercicio: só para a quenda de acceso xeral libre. Obrigatorio e non eliminatorio.

a) Proba de coñecemento da lingua galega. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

b) Consistirá en realizar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas das que só unha será correcta, baseado na segunda parte do programa (anexo II). O tempo máximo de realización será de 45 minutos.

Cualificación da fase de oposición.

Nos exercicios tipo test, cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

a) Promoción interna:

1º exercicio: cualificarase ata un máximo de 22 puntos, sendo necesario obter 11 puntos para superalo.

2º exercicio: cualificarase ata un máximo de 23 puntos, sendo necesario obter 11,5 puntos para superalo.

3º exercicio:

-Proba escrita: cualificarase ata un máximo de 24 puntos, sendo necesario obter 12 puntos para superala.

-Proba oral: cualificarase ata un máximo de 16 puntos (8 en cada idioma), sendo necesario obter 4 puntos (en cada un) para supera-la proba.

b) Acceso xeral libre:

1º exercicio: cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo necesario obter 10 puntos para superalo.

2º exercicio: cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo necesario obter 10 puntos para superalo.

3º exercicio:

-Proba escrita: cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo necesario obter 10 puntos para superala.

-Proba oral: cualificarase ata un máximo de 15 puntos (7,5 en cada idioma), sendo necesario obter 3,25 puntos (en cada un) para supera-la proba.

4º exercicio: cualificarase ata un máximo de 10 puntos, repartidos como segue:

-Proba de galego: cualificarase ata un máximo de 4 puntos. De se-lo caso, cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

-Test: cualificarase ata un máximo de 6 puntos.

B. Fase de concurso.

a) Promoción interna:

1. Antigüidade nas universidades públicas de Galicia, certificada pola xerencia ou unidade de persoal respectiva, a razón de 0,084 puntos por mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

2. Formación directamente relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ó esixido pola convocatoria ou afíns. Cualificarase ata un máximo de 5 puntos.

b) Acceso xeral libre :

1. Experiencia: valorarase o desempeño de postos da mesma categoría có da praza convocada nas universidades públicas de Galicia, certificada pola xerencia ou unidade de persoal respectiva, a razón de 0,12 puntos por mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

2. Formación directamente relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ó esixido pola convocatoria ou afíns. Cualificarase ata un máximo de 5 puntos.

ANEXO II

Programa

Primeira parte.

Programas europeos no eido da educación.

1. Sócrates II: Erasmus.

2. Sócrates II: Lingua.

3. Sócrates II: Comenius.

4. Sócrates II: Grundtvig.

5. Sócrates II: Minerva.

6. O Contrato Institucional (Programa Sócrates-Erasmus). Normas financeiras. Informe final.

7. O Sistema de Transferencia de Créditos Europeos (ECTS)-Programa Sócrates Erasmus.

8. Programa ALFA.

9. Jean Monnet.

10. Leonardo.

11. Tempus.

12. Programas europeos no eido da formación con Estados Unidos.

13. Programas europeos no eido da formación con Canadá.

14. Programas europeos no eido da formación con China.

Outros programas de educación.

15. Programa Séneca.

16. International Student Exchange Program (ISEP).

17. Convocatoria xeral de bolsas para estudiantes estranxeiros da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI).

18. Programa Mutis.

19. Programa interuniversitario de cooperación: mobilidade de estudiantes, mobilidade de profesores, mobilidade de xestores.

20. Convocatoria de redes temáticas da Axencia Española de Cooperación Internacional.

Istitucións e lexislación.

21. Institucións da Unión Europea I: o Consello Europeo, o Consello da Unión Europea e a comisión.

22. Institucións da Unión Europea II: o Parlamento Europeo e o Tribunal de Xustiza.

23. O Ministerio de Educación e Cultura. O Consello de Universidades. Organización e funcións.

24. O Ministerio de Asuntos Exteriores. A Axencia Española de Cooperación Internacional. Organización e funcións.

25. A Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común I. As administracións públicas. Os órganos das administracións públicas. Os interesados. A actividade das administracións públicas. As disposicións e os actos administrativos.

26. A Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común II. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos. A revisión dos actos en vía administrativa.

27. A Declaración de Bolonia.

28. Acceso á universidade para estudiantes estranxeiros.

29. Xestión do servicio de relacións internacionais.

30. Elaboración e xestión de convenios con institucións europeas.

31. A Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE). O Comité Español Universitario de Relacións Internacionais (CEURI).

32. Asociacións internacionais para a promoción da colaboración entre universidades.

Segunda parte.

1. A Lei 11/1983, de reforma universitaria.

2. Os estatutos da Universidade de Vigo.

3. Estructura da Universidade de Vigo: centros e departamentos. Institutos universitarios. Outros centros.

4. Réxime xurídico do persoal laboral da Universidad de Vigo: o convenio colectivo do persoal laboral.

5. Réxime económico e financeiro da Universidade de Vigo.

ANEXO III

Tribunal

Titular:

Presidente: José Manuel Fernández Viña, xefe do Servicio de Recursos Humanos da Universidade de Vigo.

Vocais: Enrique José López Veloso, director da Oficina de Relacións Exteriores da Universidade de Santiago de Compostela.

2 membros en representación do Comité Intercentros (que serán designados con carácter previo ó inicio do proceso selectivo, os seus nomes serán publicados no taboleiro de anuncios do Rectorado da Universidade de Vigo).

Secretaria: Amelia Rodríguez Piña, titulada superior da Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, que actuará con voz e voto.

Suplente:

Presidente: Augusto Viso Alonso, xefe do Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo.

Vocais: Rafael de Paz Urueña, técnico superior de Relacións Internacionais, Universidade de León.

2 membros en representación do Comité Intercentros (que serán designados con carácter previo ó inicio do proceso selectivo, os seus nomes serán publicados no taboleiro de anuncios do Rectorado da Universidade de Vigo).

Secretaria: Silvia Munilla Rumbao, xefa do Negociado da Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, que actuará con voz e voto.