Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.428

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 23 de marzo de 2001 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada pola Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG nº 34, do 16 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG nº 34, do 16 de febreiro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Hernández Olmo, Francisco Javier.

NRP: 0110957446 A206B.

Grupo: A.

Nivel CD: 28.

Corpo ou clase: facultativo superior.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Inspección e Asistencia Sanitaria.

Dependencia: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: A Coruña.