Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.427

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001 pola que se anuncia o convenio de colaboración para o mantemento da actividade de salas de teatro, danza e exhibición escénica en xeral durante o ano 2001.

O Consello Rector do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais aprobou, na súa xuntanza do 19 de abril de 2001, a convocatoria de convenios de colaboración para o mantemento da actividade de salas de teatro, danza e exhibición en xeral, durante 2001.

As compañías interesadas poden recolle-las condicións da convocatoria na sede do IGAEM, Pavillón de Galicia, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

A convocatoria está destinada ó mantemento da actividade teatral de salas privadas constituídas

xuridicamente como tales, que dispoñan dun local propio ou arrendado para a actividade escénica durante o ano 2001, e que desenvolvesen actividade escénica nun local propio ou arrendado polo menos a partir do exercicio de 2000 e que continúen na actualidade coa devandita programación de sala.

O importe total da convocatoria é de nove millóns seiscentas noventa mil pesetas (9.690.000 pesetas), e non se poden subscribir convenios de colaboración individuais por un importe superior a catro millóns de pesetas.

O 80% da proposta solicitada pola sala resultará vinculada á actividade e á programación a que fai referencia o punto quinto da convocatoria. O 20% restante será librado contra a acreditación documental do investimento en inmobilizado material permanente no local, relativo a equipamento técnico ou equipamento material da sala, que redunde na mellora das condicións desta, incluso en substitución de equipamento similar en arrendamento.

As salas que se presenten á convocatoria deberán presenta-la documentación técnica, administrativa e económica requirida no articulado da convocatoria, na que constan os parámetros de valoración que se van aplicar.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes

Escénicas e Musicais