Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.427

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 9 de maio de 2001 pola que se resolve a convocatoria da primeira edición do premio A empresa en favor da familia.

Convocada pola Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG nº 52, do 14 de marzo) a primeira edición do premio A empresa en favor da familia, creado polo Decreto 231/2000, do 29 de setembro (DOG nº 197, do 10 de outubro), e de conformidade coa base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-lo premio A empresa en favor da familia, correspondente ó ano 2001, á empresa Limpiezas Limbes, S.L., polas accións promovidas en prol da conciliación entre a vida familiar e laboral dos seus traballadores, posibilitando a libre elección por parte dos empregados do tempo da xornada laboral, a elección dos horarios e a flexibilidade desta.

Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13

de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego

Muller e Xuventude