Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.435

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001 pola que se aproba a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares técnicos de servicios xerais, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas por Resolución do 9 de marzo de 2001.

Por resolución do rectorado desta universidade do 9 de marzo de 2001 (DOG do 26 de marzo) convocáronse probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares técnicos de servicios xerais, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido no artigo 12 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo) polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 20 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril).

Este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, das citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa. Campus As Lagoas s/n, Ourense), Pontevedra (EUET Forestal. Campus a Xunqueira s/n. Pontevedra) e As Lagoas Marcosende (CACTI Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo).

Segundo.-De conformidade coa base 4.1º da Resolución do 9 de marzo de 2001, os aspirantes excluídos e os omitidos por non figuraren na lista de admitidos nin na de excluídos, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, quedarán definitivamente excluídos da realización das probas.

Vigo, 26 de abril de 2001.

P.D. (Resolución 20-4-2001)

Pedro Merino Gómez

Vicerrector de Desenvolvemento e Transferencia de Ciencia e Tecnoloxía