Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.435

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (143/2000).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 143/2000, se dictou esta sentencia cunha parte dispositiva que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Francisco Manuel Fernández Calo dos feitos axuizados nestas actuacións, con declaración das custas procesuais de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos, para ante a Audiencia Provincial da Coruña, para interpor no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, perante este xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lles sirva de notificación de sentencia a Francisco Manuel Fernández Calo e a María Teresa Castro García, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Noia o 17 de abril de 2001.

A secretaria

Rubricado