Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial que rexerá desde o 1 de abril de 2001 ata o 31 de marzo de 2002, do convenio colectivo da empresa Automóviles de Tuy, S.A.

Vista a acta da revisión salarial que rexerá desde o 1-4-2001 ata o 31-3-2002, do convenio colectivo da empresa Automóviles de Tuy, S.A., con nº de código 3600132, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-4-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 2-4-2001. De conformidade co disposto no artigo 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa de salarios

CategoríasPesetasCompl. transp.Compl. ent. re.

Persoal administrativo
Oficial de primeira106.164 mes5.300 mes
Oficial de segunda 98.852 mes5.300 mes
Auxiliar administrativo 93.054 mes
AspiranteSalario mínimo segundo idade

Persoal de movemento
Inspector3.621 día5.300 mes
Conductor3.563 día5.300 mes
Conductor-perceptor3.563 día5.300 mes2.355 mes
Cobrador3.093 día5.300 mes2.355 mes

Persoal de taller
Xefe de taller133.316 mes5.300 mes
Oficial de primeira 3.655 día5.300 mes
Oficial de segunda 3.563 día5.300 mes
Oficial de terceira 3.429 día5.300 mes
Mozo de taller 2.999 día5.300 mes
AprendicesSalario mínimo segundo idade

Lavacoches94.819 mes5.300 mes

Vendedor de billetes98.065 mes