Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.264

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cycsa y Eyssa-UTE Vigo (ORA).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Cycsa y Eyssa-UTE Vigo (ORA), con nº de código 3602102, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-4-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social, polos delegados de persoal, en data 22-3-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que conta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Construcciones y Contratas, S.A. e Estacionamentos y Servicios, S.A. (UTE Vigo), para o seu persoal adscrito ós servicios da ordenanza e regulación de aparcamentos (ORA) da cidade de Vigo

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación; persoal, funcional e territorial.

Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal adscrito ós servicios de ordenanza e regulación de aparcamento (ORA), que a empresa Construcciones y Contratas, S.A. e Estacionamientos y Servicios, S.A. (UTE Vigo) ten concertados co Concello de Vigo.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Este convenio colectivo terá unha duración de catro anos e estenderase do 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2004.

O convenio colectivo entrará en vigor o día da sinatura do acordo (1 de febreiro de 2001), excepto os conceptos económicos, que terán efecto desde o día 1 de xaneiro de 2001.

Se non mediase denuncia anticipada do convenio, este quedará prorrogado automaticamente por períodos anuais en tódolos seus termos, salvo no salarial que sufrirá un aumento equivalente, en tódolos conceptos pactados, ó IPC real do ano anterior máis un punto.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe destas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro, por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afecta-las condicións pactadas neste convenio, cando consideradas as novas retribucións en cómputo anual, sexan superiores ás aquí pactadas. En caso contrario, serán absorbidas ou compensadas por estas últimas, subsistindo este convenio nos seus propios termos e sen modificación ningunha nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Garantías ad personam e dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións superiores pactadas a título persoal que estean establecidas ó entrar en vigor este convenio e que, con carácter global, excedan del en cómputo anual.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Co obxecto de resolver aquelas cuestións que puidesen referirse á interpretación ou aplicación do presente convenio, queda constituída unha comisión paritaria, composta por tres representantes da parte empresarial, e tres representantes pola parte social, que deberán reunirse nas 48 horas seguintes á convocatoria de calquera das partes.

As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas do convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio, valoración e aplicación das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio e que poidan afecta-lo seu contido.

As partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen orixinarse como consecuencia da interpretación do presente convenio, co obxecto de que esta emita informe no prazo máximo de 48 horas contadas a partir do seguinte a aquel en que se lle solicitase, antes de interpor reclamación ante os organismos correspondentes.

As reunións da comisión paritaria non descontarán do crédito de horas sindicais cando fosen convocadas pola empresa, nin nas dúas primeiras reunións convocadas pola parte social.

Artigo 7º.-Resolución extraxudicial de conflictos de traballo.

As partes asinantes deste convenio colectivo acordan acollerse, no referente ós conflictos colectivos, ós procedementos de conciliación, mediación e arbitraxe recollidos no AGA.

Artigo 8º.-Cambio de titularidade da empresa e subrogación dos servicios.

Co fin de regula-la estabilidade no emprego dos traballadores desta actividade, cando a actual empresa perda a adxudicación dos servicios contratados, a nova sociedade adxudicataria ou entidade que se faga cargo estará obrigada a subrogarse nos contratos dos traballadores adscritos a estes servicios, calquera que sexa a modalidade de contratación deles.

A nova sociedade adxudicataria ou a entidade que se faga cargo estará obrigada a cumpri-lo convenio colectivo en vigor e expresamente a respectar tódolos dereitos económicos e laborais dos traballadores, recoñecendo expresamente os representantes legais destes.

Artigo 9º.-Lexislación supletoria.

Para todo o non previsto neste convenio colectivo e con carácter supletorio, aplicarase o disposto no I Convenio xeral de ámbito nacional para o sector de regulación do estacionamento limitado de vehículos na vía pública, mediante control horario e cum

primento das ordenanzas de aparcamento, e o R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo efectivo regularase segundo o establecido no convenio nacional, sendo o seu equivalente anual:

-Para o ano 2001, un total de 1.760 horas.

-Para o ano 2002, un total de 1.745 horas.

A distribución da xornada estará supeditada en cada momento, ás necesidades do servicio e ós cambios que nel poidan producirse, en función do contrato entre a empresa e o Concello de Vigo.

Os excesos de horas semanais que se produzan, como consecuencia do expresado no parágrafo anterior, compensaranse con días de descanso entre semana. Cando o día de descanso coincida con festivo correrá a quenda sen efectuar esta o persoal afectado, regularizándose esta situación nos quince días seguintes. Durante o período vacacional, suspéndense os descansos por exceso de xornada, de libre elección.

A xornada enténdese de traballo efectivo e comezará e rematará na zona asignada en cada momento ó vixilante, precisándose, así mesmo, que á hora de comezo e remate da xornada o traballador se encontre no seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Noiteboa e Noitevella.

Dado o carácter de servicio público da ORA, os días 24 e 31 de decembro poderán te-la consideración de inhábiles, se así o decidise o Concello de Vigo, absorbendo neste caso as posibles reduccións de xornada que estivesen pendentes.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal afecto ó presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo de permanencia na empresa.

As vacacións retribuiranse considerando a cantidade que lle correspondería percibir ó traballador como se de traballo efectivo se tratase.

As vacacións desfrutaranse en dúas quendas repartidas nos meses de xullo, agosto, garantíndose a rotatividade no seu desfrute. Para tal fin confeccionarase un calendario de vacacións, logo de negociación entre a empresa e os representantes dos traballadores, que se publicará con polo menos dous meses de antelación á data prevista do seu inicio. Unha vez publicada a lista, esta non a poderá modificar ningunha das partes.

No suposto que o traballador se atope en situación de incapacidade temporal ó comezo das súas vacacións, non perde o seu dereito a elas, pero estas

reiniciaranse unha vez terminadas as correspondentes quendas vacacionais e sempre dentro do ano natural.

Artigo 13º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso coa antelación suficiente e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración do salario base, antigüidade e complementos de asistencia, extrasalarial e calidade, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Días naturais en caso de matrimonio.

-Ano 2001: 17 días.

-Ano 2002: 18 días.

-Ano 2003: 19 días.

-Ano 2004: 20 días.

b) Nos casos de falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou fillos ou nacemento dun fillo ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, establecerase a media do regulado nos convenios das principais cidades da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que esta sexa superior ó regulado no convenio e durante a súa vixencia. Catro días laborables.

c) 2 días naturais por traslado do domicilio habitual.

d) 1 día natural en caso de fallecemento un familiar ata 3 grao.

e) 1 día natural en caso de matrimonio de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

g) Polo tempo necesario, no suposto de citacións xudiciais como consecuencia de incidencias producidas durante o servicio e que non sexan imputables ó traballador.

h) 15 días ó ano de permiso sen soldo sempre que non entorpezan o normal desenvolvemento do servicio, e comunicación previa á empresa con 15 días de antelación.

i) Polo tempo indispensable de consulta médica nos centros dependentes da Seguridade Social ou mutuas de accidentes de traballo, debidamente xustificado. No caso de consultas médicas privadas, estas en primeiro lugar realizaranse con cargo ó período determinado no punto j) deste artigo. Unha vez esgotado, concederase licencia polo tempo indispensable, e o traballador obrigarase a xustificala debidamente.

j) Días de libre disposición, non acumulativos:

-Ano 2001: 1 día natural ó longo do ano 2001.

-Ano 2002: 1 día natural ó longo do ano 2002.

-Ano 2003: 2 días naturais ó longo do ano 2003.

-Ano 2004: 2 días naturais ó longo do ano 2004.

Artigo 14º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade mínima dun ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria por un prazo de 1 ano a 5 anos. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde a finalización da anterior excedencia.

Así mesmo, a empresa reservaralle o posto de traballo ó traballador en excedencia, por un tempo máximo de 5 anos, tendo este último que avisa-la empresa con dous meses de antelación á reincorporación a el, xa que en caso de non facelo, perderá o dereito ó seu posto de traballo dentro da empresa ou, no seu defecto, da concesionaria do servicio nese momento.

En todo o non previsto neste artigo aplicarase o establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 15º.-Vacantes e promoción.

Cando na empresa se produzan vacantes, se creen ou aumenten certos postos de traballo, antes de contratar persoas alleas a ela, tratarase de cubrir esas prazas con traballadores do cadro de persoal.

Traballos de superior categoría.

Por necesidades organizativas, de producción ou contratación, o traballador poderá ser destinado a ocupar un posto de superior categoría á que tivese recoñecida por prazo que non exceda de seis meses durante un ano, ou oito meses durante dous anos, tendo dereito a percibir, mentres se atope en tal situación, a remuneración correspondente á función que desenvolve.

Transcorridos seis meses ininterrompidos ou oito alternos, entenderase creada unha vacante e convocarase concurso.

Artigo 16º.-Seguridade e saúde laboral.

Aplicarase o disposto na lexislación laboral vixente e, en especial, a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 17º.-Recoñecemento médico.

A empresa concertará obrigatoriamente coa entidade aseguradora de accidentes de traballo, unha revisión médica anual para tódolos traballadores, de carácter voluntario para estes, que se realizará fóra da xornada normal de traballo.

Artigo 18º.-Pagamento do salario.

O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes. Cando coincida en festivo ou sábado efectuarase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ó pagamento.

O comité de empresa proporá o pagamento por transferencia a través de 4 entidades bancarias.

O traballador, logo de notificación á empresa dun mes, poderá elixir calquera das catro entidades para que se lle ingrese a nómina, achegando, xunto coa solicitude, os datos relativos á súa conta bancaria.

Acórdase concederlles ós traballadores anticipos quincenais, cun importe non superior o 50% do seu salario mensual, nos días que á súa vez se porán no taboleiro de anuncios o día 11 de cada mes.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 19º.-Salario base.

O salario base do persoal afecto por este convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa.

O salario base devengarase por día natural.

Artigo 20º.-Antigüidade.

Os traballadores comprendidos no ámbito deste convenio percibirán, como complemento persoal de antigüidade no servicio á empresa, un aumento periódico segundo a seguinte escala:

-Ós 2 anos cumpridos: 5%.

-Ós 4 anos cumpridos: 10%.

-Ós 6 anos cumpridos: 15%.

-Ós 8 anos cumpridos: 20%.

-Ós 13 anos cumpridos: 27%.

-Ós 18 anos cumpridos: 34%.

-Ós 23 anos cumpridos: 41%.

-Ós 28 anos cumpridos: 48%.

-Ós 33 anos cumpridos: 55%.

A porcentaxe fixada como complemento persoal de antigüidade calcularase sobre o salario base do convenio.

Artigo 21º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia para o persoal afecto por este convenio, na contía sinalada na táboa salarial anexa, que se devengará por día efectivamente traballado cun rendemento normal e correcto.

Artigo 22º.-Complemento de calidade.

Establécese un complemento de calidade para o persoal afecto por este convenio, na contía sinalada na táboa salarial anexa, que se devengará por día efectivamente traballado cun rendemento normal e correcto.

Artigo 23º.-Complemento extrasalarial.

Para supli-los gastos ocasionados polo transporte e a distancia, establécese un complemento de carácter extrasalarial, pola contía establecida na táboa salarial anexa, que se aboará por día efectivamente traballado.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias denominadas verán, Nadal e marzo, que se aboarán a razón de 30 días cada unha, de salario base máis antigüidade.

O período de devengo das pagas será o seguinte:

-Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

-Paga de marzo: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

As datas de aboamento das pagas serán as seguintes:

-Paga de verán: antes do día 20 de xullo.

-Paga de Nadal: antes do día 21 de decembro.

-Paga de marzo: dentro do primeiro trimestre do seguinte ano.

Non se descontará das pagas extraordinarias o tempo de baixa por incapacidade temporal.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 25º.-Protección da maternidade.

Cando as condicións dun posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou no feto, circunstancia esta que deberá ser certificada polo médico da Seguridade Social que asista a traballadora, a empresa modificará as condicións e/ou funcións de traballo da traballadora, de forma que as condicións laborais resulten compatibles co seu estado.

Esta situación manterase ata que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ás condicións anteriores do posto de traballo ou ás funcións que desempeñaba anteriormente. Este cambio estará igualmente certificado polo médico da Seguridade Social e poderá aprazarse ata despois do período de lactación se así o considerase o mesmo médico que asista a traballadora e que certificou o risco inicial das condicións do posto de traballo.

As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo de aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Artigo 26º.-Complementos por incapacidade temporal.

No caso de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa aboaralle ó traballador para a primeira baixa do ano e desde o primeiro día desta, a diferencia entre a prestación económica da Seguridade Social e o salario bruto mensual, que lle correspondería percibir no período de baixa, con exclusión das horas extraordinarias.

Para a segunda baixa e sucesivas, a empresa aboaralle ó traballador a diferencia entre a prestación

económica da Seguridade Social e o salario bruto mensual, que lle correspondería percibir no período de baixa, con exclusión das horas extraordinarias conforme a seguinte escala:

-Ano 2001: a partir do décimo día desde a data da baixa médica.

-Ano 2002: a partir do sétimo día desde a data da baixa médica.

-Ano 2003: a partir do cuarto día desde a data da baixa médica.

-Ano 2004: a partir do primeiro día desde a data da baixa médica.

En caso de accidente de traballo, a empresa aboaralle ó traballador a partir do primeiro día da baixa, a diferencia entre a prestación económica da Seguridade Social e o salario bruto mensual, que lle correspondería percibir no período de baixa, con exclusión das horas extraordinarias.

No caso de I.T. con hospitalización, aboarase desde o primeiro día da hospitalización e mentres esta dure, o 100% do seu salario mensual, con exclusión das horas extraordinarias.

Artigo 27º.-Póliza de accidente.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro por accidente de traballo que lles garanta ó traballador ou ós seus habentes-causa, as seguintes indemnizacións:

Falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional.

-Ano 2001: 3.750.000 pesetas.

-Ano 2002: 4.000.000 de pesetas.

-Ano 2003: 4.250.000 pesetas.

-Ano 2004: 4.500.000 pesetas.

Incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.500.000 pesetas.

Artigo 28º.-Axuda familiar.

Os traballadores afectados por este convenio, que teñan ó seu cargo unha persoa diminuída psíquica ou física, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social, e logo de xustificación, percibirán un complemento extrasalarial de 11.100 pesetas/mensuais.

Artigo 29º.-Axuda escolar.

Aqueles traballadores con fillos menores de 18 anos que se atopen cursando estudios oficiais e debidamente xustificado, percibirán anualmente nun só pagamento, que se realizará no mes de setembro, os seguintes importes polo concepto de axuda familiar:

-Ano 2001: 5.000 pesetas brutas anuais por fillo.

-Ano 2002: 7.500 pesetas brutas anuais por fillo.

-Ano 2003: 10.000 pesetas brutas anuais por fillo.

-Ano 2004: 12.500 pesetas brutas anuais por fillo.

Artigo 30º.-Préstamos.

A empresa creará un fondo de:

-Ano 2001: 1.150.000 pesetas.

-Ano 2002: 1.300.000 pesetas.

-Ano 2003: 1.450.000 pesetas.

-Ano 2004: 1.600.000 pesetas.

Deste fondo iranse concedendo logo de solicitude por escrito que visarán empresa e comité de empresa, e que se realizará no modelo que se estableza para o efecto, préstamos dunha cantidade fixa, cun importe máximo por operario de 100.000 pesetas. A devolución detraerase das nóminas das doce mensualidades seguintes e deberán pasar un mínimo de seis meses entre a finalización do aboamento do préstamo e a solicitude doutro novo polo mesmo traballador.

Cando se esgote a cantidade fixada, non se darán máis préstamos, ata que non se vaian reintegrando as cantidades xa entregadas.

Artigo 31º.-Xubilación anticipada.

Establécese un sistema de xubilación anticipada, voluntaria e de mutuo acordo entre a empresa e traballador conforme a seguinte escala:

Xubilación ós 60 anos: 5 mensualidades.

Xubilación ós 61 anos: 4 mensualidades.

Xubilación ós 62 anos: 3 mensualidades.

Xubilación ós 63 anos: 2 mensualidades.

Xubilación ós 64 anos: 1 mensualidade.

As mensualidades aboaranse con independencia dos anos de servicio na empresa.

Artigo 32º.-Falecemento do traballador.

En caso de falecemento por causas naturais de calquera traballador en activo, a empresa aboaralles ós habentes-causa ou persoas que con el convivan, logo de xustificación documental, os seguintes importes:

-Ano 2001: 3,5 mensualidades completas (salario base, antigüidade e complemento de asistencia).

-Ano 2002: 4 mensualidades completas (salario base, antigüidade e complemento de asistencia).

-Ano 2003: 4,5 mensualidades completas (salario base, antigüidade e complemento de asistencia).

-Ano 2004: 5 mensualidades completas (salario base, antigüidade e complemento de asistencia).

Artigo 33º.-Asistencia letrada.

No suposto de citacións xudiciais do persoal, como consecuencia de incidencias producidas no normal

desenvolvemento do servicio, a empresa proporcionará a asistencia letrada necesaria.

Entregarase copia das denuncias ó comité de empresa, sempre que sexa co consentimento do traballador.

Artigo 34º.-Roupa de traballo.

Os traballadores recibirán como dotación de vestiario e uniformidade as seguintes pezas de roupa, coa periodicidade que se detalla:

a) No momento da incorporación:

Un equipo completo segundo a tempada composto por:

Equipo de inverno:

-Dous pantalóns ou saias.

-Un xersei.

-Dúas camisas de manga longa.

-Un anorak.

-Un par de botas.

-Un xogo de anagramas adhesivos.

-Un par de luvas sen reposición en caso de deterioración.

-Unha viseira ou gorra.

-Pano para o pescozo.

-Dous pares de calcetíns ou medias.

Equipo de verán:

-Dous pantalóns ou saias.

-Dúas camisas de manga curta.

-Un par de zapatos ou botas.

-Un xersei.

-Un chuvasqueiro.

-Dous pares de calcetíns ou medias.

b) Anualmente:

-Un pantalón ou saia de inverno.

-Un pantalón ou saia de verán.

-Unha camisa de inverno.

-Unha camisa de verán.

-Un par de botas ou zapatos.

-Un xersei de verán.

-Un xersei de inverno.

c) Bianualmente:

-Un anorak, un par de luvas, un chuvasqueiro, un cinto, un pantalón de auga.

Incorpórase como dotación unha faldriqueira que se lle entregará á totalidade do cadro de persoal

por unha soa vez e para as novas contratacións ó ingresar na empresa.

Cando se presente unha peza de roupa deteriorada, procederase á entrega da correspondente nova.

En caso de producirse a baixa do traballador por calquera motivo, estará obrigado a entrega-la roupa que teña en existencia. Igualmente en cada entrega de roupa, salvo a entrega inicial, recollerase a peza de roupa usada correspondente.

Datas de entrega:

-Roupa de verán: 30 de abril.

-Roupa de inverno: 30 de setembro.

Capítulo V

Acción sindical

Artigo 35º.-Dereito de información.

A empresa facilitaralles ós representantes dos traballadores a información establecida con carácter xeral no artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores referida á cidade de Vigo.

Artigo 36º.-Información do absentismo.

A empresa facilitaralles ós representantes dos traballadores unha información trimestral coincidindo coa división natural do ano en trimestres.

A información estará referida ó número de días de absentismo polos motivos de: enfermidade, accidente e faltas inxustificadas.

Artigo 37º.-Horas sindicais.

As horas investidas nas reunións dos representantes dos traballadores coa empresa serán por conta de quen convoque a reunión.

Acéptase a acumulación cuadrimestral de horas sindicais, con comunicación previa á empresa, incrementándose 5 horas cuadrimestrais para repartir entre a totalidade do comité.

Cláusula adicional.

O incremento salarial pactado para a vixencia deste convenio será:

-Ano 2001: IPC real do ano 2000 máis tres puntos.

-Ano 2002: IPC real do ano 2001 máis tres puntos.

-Ano 2003: IPC real do ano 2002 máis tres puntos.

-Ano 2004: equipararanse os salarios coa media das táboas salariais das cidades máis importantes da Comunidade de Galicia (A Coruña, Lugo e Ourense), das táboas salariais vixentes do ano.

No suposto de que en nivel salarial no 2004 supere a media das cidades galegas mencionadas, conxelaranse os salarios.

Os efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de cada un dos anos de vixencia.

ANEXO I

Táboa salarial do persoal adscrito ó servicio

de ordenanza e regulación de aparcamentos

(ORA) da cidade de Vigo

Vixencia: 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001.

Categorías

Salario

base

Compl.

asistencia

Compl.

calidade

Compl.

extrasalar.

Pagas extras

Ver./Nad./benef.

Total

anual

Encargado3.7308033.080756111.9002.842.983

Ofic. mant.3.3677241.641756101.0102.302.872

Vixilante3.032611-75690.9601.717.209

Op. emisora3.032-88175690.9601.783.899

Of. 2ª admtv.92.331-26.05615.58092.3311.884.597

Aux. admtv.92.331-17.92315.58092.3311.787.001