Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Seragua y FCC, S.A. UTE Lei 18/1982-Nigrán.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Seragua y FCC, S.A., UTE Lei 18/1982-Nigrán, con nº de código 3603122, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-4-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data 27-3-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provinical de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Seragua

y FCC, S.A. UTE - Nigrán

Anos 2000, 2001, 2002 e 2003

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da UTE Seragua-FCC, S.A., concesionaria do Servicio Municipal de Abastecemento e Saneamento de Auga de Nigrán.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de 2000 sexa cal for a data da súa publicación. Terá unha vixencia de catro anos, que rematará o 31 de decembro de 2003.

Artigo 3º.-Denuncia.

Ámbalas partes consideran automaticamente denunciado o presente convenio ó remate da súa vixencia, 31 de decembro de 2003, comprometéndose a inicia-las negociacións do próximo convenio un mes antes do remate da vixencia do actual.

Artigo 4º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base do convenio e os complementos que para cada actividade e categoría se determinan no articulado do convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base.

Ano 2000:

O salario base convenio é o fixado na táboa anexo I.

Ano 2001:

O salario base convenio é o fixado na táboa anexo I.

Cláusula de revisión:

No caso de que o índice de prezos de consumo (IPC) real establecido polo INE supere o 31-12-2001 o 2,5% efectuarase unha revisión do salario base no exceso sobre a indicada cifra, tan pronto como se constate oficialmente esta circunstancia.

Ano 2002:

Os salarios para o ano 2002 estableceranse tomando como base os salarios definitivos do ano 2001, incrementados no IPC real do ano 2001 máis un punto.

Ano 2003:

Os salarios para o ano 2003 estableceranse tomando como base os salarios definitivos do ano 2002, incrementados no IPC real do ano 2002.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán, en concepto de antigüidade, as cantidades establecidas na táboa anexo II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá por este concepto o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexo I.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe, cada unha delas, dunha mensualidade, calculada sobre o salario base máis a antigüidade, sendo efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo:

TrimestreMes aboamento

Xaneiro, febreiro, marzoMarzo

Abril, maio, xuñoXuño

Xullo, agosto, setembroSetembro

Outubro, novembro, decembroDecembro

O persoal de novo ingreso ou que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio aplicarase para o persoal que ingrese ou cesamento na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Complemento de toxicidade.

O complemento por traballos tóxicos fíxanse en 1.300 pesetas/mensuais para o ano 2000, 1.350 pesetas/mes para o ano 2001, 1.400 pesetas/mes para o ano 2002 e 1.500 pesetas/mes para o ano 2003, por mes efectivamente traballado.

Aplicaráselle cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou cando reparen avarías nos aparellos de dosificación, ó persoal implicado nos ditos traballos, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Abonaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de 15.000 pesetas/mes para o ano 2000, 16.000 pesetas/mes para o ano 2001, 17.000 pesetas/mes para o ano 2002 e 18.000 pesetas/mes para o ano 2003, por este concepto, entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de complemento de distancia. O complemento de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vaia executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa nº III.

Artigo 12º.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa percibirá a cantidade de 35 pesetas quilómetro (35 pesetas/km). Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Enténdese que as melloras pactadas serán de aplicación a partir da data da sinatura do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Persoal de garda semanal.

O persoal de operarios dividirase en dous grupos: os responsables das redes e os responsables de equipos. Ámbolos dous diporán dun buscapersoas cada un para realizaren as respectivas gardas.

O persoal de equipos é o responsable da parte eléctrica e mecánica dos equipos instalados, así como da supervisión do telemando e telecontrol. Ademais poderá encargarse da regulación e control do cloro, lavado de filtros de auga potable e vixilancia do nivel do depósito.

O persoal de rede é responsable do resto.

O luns, ó principio de cada semana, entrarán de garda un traballador de rede e outro de equipos para atende-las súas tarefas respectivas, prolongándose a garda ata o luns seguinte. Os ditos traballadores portarán o buscapersoas correspondente fóra do horario laboral e atenderán debidamente os avisos que reciban durante toda a semana.

As roldas de control de fin de semana e días festivos dependerán das necesidades de cada momento e a súa oportunidade decidiraa previamente a xefatura do servicio, quen o comunicará ó traballador encargado sinalándolle as tarefas que debe desenvolver durante o seu percorrido.

Estas roldas serán obrigatorias, se así se decide, e rotativas para tódolos operarios no cadro de persoal.

As gardas e roldas do grupo de equipos e mentres este só estea composto por unha persoa, serán realizadas por tódolos operarios da seguinte forma:

-Dúas semanas ó mes estará de garda o responsable de equipos, como máximo.

-As dúas semanas restantes, estará de garda unha persoa do grupo de rede.

As primas por estes servicios de gardas e roldas semanais serán as seguintes:

O traballador ou traballadores de garda semanal percibirán en concepto de dispoñibilidade para a garda, segundo sexa día laborable ou non laborable, as cantidades que se indican.

AnosDía laborableDía non laborable

20001.1002.350

20011.2002.450

20021.3002.550

20031.4002.600

Se se fai necesaria a realización de roldas de fin de semana ou días festivos, asignando as tarefas correspondentes, estas retribuiranse como horas extras efectivamente traballadas. De igual modo a atención dos avisos de avarías en redes ou equipos, recibidos a través do buscapersoas durante a garda, retribuiranse como horas extras efectivamente traballadas.

No caso de avarías de grande entidade ou que poden causar unha importante deterioración na imaxe do servicio, a xefatura deste poderá determinar se é necesaria a localización de persoas de apoio para axudar á súa reparación, no suposto de que o persoal de garda non sexa suficiente para isto.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais (40 h.) distribuídas segundo o seguinte horario:

De luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Meses de xullo e agosto:

Persoal de administración: de 8 a 15 horas.

Persoal de explotación: de 7 a 14 horas.

Os días 24 e 31 de decembro a xornada será de 9 a 14 horas.

A xornada anual de traballo será:

Ano 2000: 1.770 horas anuais.

Ano 2001: 1.768 horas anuais.

Ano 2002: 1.760 horas anuais.

Ano 2003: 1.760 horas anuais.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais, que se desfrutarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro de abril e o trinta e un de outubro, excluído o seu desfrute nos meses de xornada intensiva.

A retribución en período vacacional será: salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

Artigo 16º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da patroa. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, trocarase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 17º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e con xustificación posterior, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e períodos seguintes:

-15 días naturais no caso de matrimonio.

-3 días naturais no caso de falecemento de cónxuxe, fillos, pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou o seu cónxuxe.

-3 días naturais no caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

-2 días naturais por nacemento de fillo.

-1 día por traslado de domicilio.

-1 día por asuntos propios, logo de aviso de 72 horas.

-2 días de descanso anuais (mutuo acordo empresa/traballador mediante solicitude do traballador cunha antelación de 15 días).

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

Artigo 18º.-Anticipos reintegrables.

Tódolos traballadores afectados polo convenio poderán solicitar, con cargo ó fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables que serán concedidos pola dirección da UTE.

A forma de amortización será:

Unha mensualidade amortizable en doce meses.

Dúas mensualidades amortizable en vintecatro meses.

Establécense duascentas mil pesetas como tope máximo solicitable por anticipo e solicitante.

Terá prioridade para a concesión dos anticipos o traballador que non o solicitara nunca ou que, no caso de telo feito, deixara transcorrer máis tempo desde o pagamento da última amortización.

A empresa destinará a este fin a cantidade de cincocentas mil pesetas.

Consideraranse incluídas no fondo as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Artigo 19º.-Fondo social.

O importe do fondo social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc. con destino a tódolos traballadores será de:

Ano 2000: 80.000 pesetas.

Ano 2001: 115.000 pesetas.

Ano 2002: 120.000 pesetas.

Ano 2003: 125.000 pesetas.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía aplicable en cada caso, por proposta do delegado de persoal.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

Subministraránselle a todo o persoal as necesarias e habituais pezas de roupa de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

-Camisa de manga curta: 2 ó ano.

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Pantalón: 2 ó ano.

-Calzado de seguridade: 1 par ó ano.

-Anorak: 1 cada dous anos.

-Chaquetiña e pantalón: 2 ó ano.

-Xersei de inverno: 2 ó ano.

-Roupa de auga (cando o posto de traballo así o requira).

-Botas de seguridade: 1 par ó ano.

-Guantes de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga: 1 par ó ano.

-Funda de traballo: 2 ó ano.

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente o primeiro de outubro para as pezas de roupa de inverno e o un de xuño para as pezas de roupa de verán.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 1.500.000 pesetas.

b) No caso de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.000.000 de pesetas.

Artigo 22º.-Situación de incapacidade temporal.

A empresa aboará a tódolos traballadores durante a situación de IT, derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

De igual forma, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios, nos casos de hospitalización e en tanto dure esta. A dita situación deberase acreditar fidedignamente para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 23º.-Seguridade e hixiene.

Será de aplicación a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral, velando ámbalas partes polo seu estricto cumprimento.

Artigo 24º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que a un traballador, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo a función que lle foi asignada, se lle retirase o seu permiso de conducir, a empresa o acomodará noutro posto de traballo adecuado ás súas facultades, respectando a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de dous anos. Ó remate da suspensión será reintegrado ó seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir se deba a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción, ou cando exista reincidencia.

Artigo 25º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido no presente convenio, observarase o que dispoña o Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 26º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio poderán ser sometidas á comisión paritaria, que estará constituída por un representante designado polos traballadores e un representante designado pola dirección da empresa, que formarán parte da comisión negociadora do convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos, que puidesen xurdir durante a vixencia do presente convenio, deberán someterse, como trámite previo e preceptivo, ó dictame desta comisión.

Artigo 27º.-Definición de categorías.

Persoal técnico e administrativo.

Xefes de servicio.

Son os que, posuíndo a capacidade e coñecementos adecuados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade a dirección ou inspección (ou ámbalas funcións) da explotación.

Oficiais de segunda administrativos.

Son os empregados que, con perfecto coñecemento do traballo de categoría inferior e ás ordes dun xefe ou oficial, desenvolven traballos de mediana responsabilidade, tales como confección de nóminas, control e liquidación de efectos para o cobro, operacións de contabilidade, transcrición a libros ou otros medios, organización de arquivos ou ficheiros e demais traballos auxiliares.

Auxiliares administrativos.

Son os que axudan os seus superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

Lectores.

Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos aboados nos rexistros da empresa ou entidade e cadernos ou outros medios que se achan en poder daqueles, realizando o conxunto de operación de restas, renovación de cadernos de aboados e similares que, consonte as normas e costumes propios da organización de cada empresa, son necesarias e oportunas para proceder á ulterior facturación de subministracións, debendo dar conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas de contadores.

Cando non realicen o seu traballo normal de lectura poderáselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúen o seu labor habitual, podendo efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

Persoal operario.

Oficiais de primeira.

Son os que, posuíndo un oficio determinado, o practican e aplican con tal grao de perfección que non só lle permiten levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueles outros que supoñen especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de taller, das instalacións de producción ou da rede de distribucción, coidan do seu cumprimento e dirixen persoalmente

os traballos do persoal obreiro, con perfecto coñecemento dos labores que estes efectúan, sendo responsables da súa disciplina, seguridade e rendemento, así como da perfecta execución do traballo.

Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegaren á especialidadade esixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficente corrección e eficacia tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de producción ou na rede de distribucción.

Este persoal poderá estar actuando baixo as ordes de persoal superior categoría, ou ter ó seu cargo persoal de categoría inferior cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Oficiais de terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos de acordo coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

Peóns especialistas.

Son os empregados que, con determinados coñecementos dunha especialidade, a executan e axudan ós oficiais.

Peóns.

Realizan as actividades da empresa que non precisan unha capacitación específica e cantas requiran a súa colaboración para o logro dos obxectivos encomendados.

ANEXO I

Retribucións

CategoríasAno 2000Ano 2001

Persoal técnico e administrativo

Xefe de servicio160.916165.743

Oficial 2ª admvo.134.231138.258

Auxiliar admtvo.91.32294.062

Lector90.67893.398

Persoal operario

Oficial 1ª136.075140.157

Oficial 2ª132.895136.882

Oficial 3ª104.875108.021

Peón especialista91.32294.062

Peón90.01292.712

ANEXO II

Antigüidade

Categorías1 bienio2 bienios2B e 1Q2B e 2Q2B e 3Q2B e 4Q

Todas1.700 mes3.400 mes7.600 mes12.000 mes16.000 mes20.000 mes

ANEXO III

Valor hora extra

Ano 2000Ano 2001Ano 2002Ano 2003

CategoríasDiúrna/nocturna/

festiva

Diúrna/nocturna/

festiva

Diúrna/nocturna/

festiva

Diúrna/nocturna/

festiva

Persoal admtvo.

Oficial 2ª admtvo.1.7001.8001.9002.000

Auxiliar admtvo.1.4001.5001.6001.700

Lector1.4001.5001.6001.700

Persoal operario

Oficial 1ª1.7001.8001.9002.000

Oficial 2ª1.6001.7001.8001.900

Oficial 3ª1.5001.6001.7001.800

Peón especialista1.4001.5001.6001.700

Peón1.4001.5001.6001.700