Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001, complementaria da do 9 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2001, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello de Outeiro de Rei, e realizada-por petición do concello-a oportuna rectificación pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, cómpre face-la correspondente rectificación na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 23 de novembro de 2000, así:

No anexo II, provincia de Lugo, na páxina 15.629, onde di: «38. Outeiro de Rei: 27 de febreiro e 2 de xullo», debe dicir: «38. Outeiro de Rei: 27 de febreiro e 9 de xullo».

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais