Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Mónica Rodríguez Barreiro.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña tramítase o recurso 69/2001 (procedemento abreviado), interposto por Mónica Rodríguez Barreiro na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de ATS/DUE, pretende a valoración, na fase de concurso, dos servicios prestados no Hospital Xeral Juan Cardona de Ferrol, con base na súa condición de centro concertado.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos