Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.271

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, grupo B, convocado por Orde do 17 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 147, do 31 de xullo), pola que se publica a relación de opositores que superaron o segundo exercicio e se convoca para a realización do terceiro exercicio.

En sesión ordinaria que tivo lugar o día 3 de maio de 2001, o tribunal adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Publícase a relación de opositores que superaron o segundo exercicio, quedando á disposición dos opositores nos lugares indicados na base II.2.5 da convocatoria.

Segundo.-Convócanse os opositores, para a realización do terceiro exercicio, o día 2 de xuño de 2001, sábado, ás 9 horas na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2001.

José Luis Veiga Castiblánquez

Presidente do tribunal