Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.272

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se dictan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2001/2002, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de adxudicar destino provisional para o curso académico 2001/2002 ó profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase o presente concurso de acordo coas seguintes

BASES:

Primeira.

Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan na presente resolución, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 2001/2002, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segunda.

Estarán obrigados a participar no presente concurso, na súa especialidade:

a) O profesorado que resultou suprimido no proceso de adscrición regulado pola Orde do 1 de outubro de 1998 e continúe nesa situación, agás que fixera a opción de ser recolocado na localidade na que foi suprimido.

b) O profesorado en situación de expectativa de destino no curso 2000/2001 e os opositores do ano 2000 que non obtiveron destino na Resolución do 4 de abril de 2001 (DOG do 6), pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos distintos corpos, que se ordenará por anos de celebración do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel.

c) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas ou profesores de música e artes escénicas convocados pola Orde do 8 de marzo de 2001 pola orde obtida no procedemento selectivo, agás os que estean exentos de realiza-la fase de prácticas e opten por continuar desempeñando servicios no seu corpo de orixe.

d) O profesorado interino, pola mesma orde que elixiron no curso académico 2000/2001.

e) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución.

Terceira.

Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) As correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades, que figuran no anexo I da presente resolución e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001FILOSOFÍA
002GREGO
003LATÍN
004LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
005XEOGRAFÍA E HISTORIA
006MATEMÁTICAS
007FÍSICA E QUÍMICA
008BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
009DEBUXO
010FRANCÉS
011INGLÉS
012ALEMÁN
016MÚSICA
017EDUCACIÓN FÍSICA
018PSICOLOXÍA E PEDAGOXÍA
019TECNOLOXÍA
053LINGUA E LIT. GALEGA
056INFORMÁTICA BUP
061ECONOMÍA
063EQUIPOS INFORMÁTICOS
064TECNOLOXÍA FONTANERÍA
066TECNOLOXÍA INDUSTRIAL
070ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO
072VOLUME
073XEOMETRÍA DA ARTE
101ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS
102ANÁLISE E QUÍMICA INDUSTRIAL
103ASESORÍA E PROCESOS DE IMAXE PERSOAL
104CONSTRUCCIÓNS CIVÍS E EDIFICACIÓNS
105FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL
106HOSTALERÍA E TURISMO
107INFORMÁTICA
108INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA
109NAVEGACIÓN E INSTALACIÓNS MARIÑAS
110ORGANIZACIÓN E XESTIÓN COMERCIAL
111ORGANIZACIÓN E PROCESOS DE MANTEMENTO DE VEHÍCULOS
112ORGANIZACIÓN E PROXECTOS DE FABRICACIÓN MECÁNICA
113ORGANIZACIÓN E PROXECTOS DE SISTEMAS ENERXÉTICOS
115PROCESOS DE PRODUCCIÓN AGRARIA
116PROCESOS NA INDUSTRIA ALIMENTARIA
117PROCESOS DIAGNÓSTICOS CLÍNICOS E PROCED. ORTOPROTÉSICOS
118PROCESOS SANITARIOS
119PROCESOS E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
120PROCESOS E PRODUCTOS DE TÉXTIL, CONFECCIÓN E PEL
122PROCESOS E PRODUCTOS EN ARTES GRÁFICAS
123PROCESOS E PRODUCTOS EN MADEIRA E MOBLE
124SISTEMAS ELECTRÓNICOS
125SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMÁTICOS
803CULTURA CLÁSICA

b) O profesorado interino e substituto de clásicas poderá solicitar indistintamente as prazas de latín e grego entendéndose incluída para estes participantes a cultura clásica.

Os funcionarios de carreira procedentes de extinguidas especialidades de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo II d) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos

de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica e VIII d) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e que a continuación se relacionan.

Especialidade antiga Especialidades novas

Tecn. administrativa e comercial-Administración de empresas.

-Organización e xestión comercial.

Tecn. delineación-Construccións civís e edificacións.

-Organización e proxectos de fabricación mecánica.

-Organización e proxectos de sistemas enerxéticos.

Tecn. sanitaria-Procesos sanitarios.

-Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos.

O establecido no punto anterior resultará da aplicación ós funcionarios en expectativa, prácticas, interinos e substitutos nos supostos de que exista unha única lista da especialidade.

c) Os profesores de ensino secundario titulares das especialidades correspondentes poderán solicita-las prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e IV da presente resolución. Para tales efectos deberán incluír na súa petición os códigos destes centros, aínda no suposto de que optaran por efectua-la súa solicitude por localidades.

d) Os titulares da especialidade de tecnoloxía administrativa que posúan algunha das titulacións de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en ciencias económicas, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública poderán solicitar prazas de economía.

Cuarta.

Os profesores do corpo de profesores técnicos de formación profesional poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I, e para as especialidades de:

CódigoEspecialidades

030PRÁCT. PROTÉSICO DENTAL
031PRÁCT. HIXENISTA DENTAL
033PRÁCTICAS E ACTIVIDADES
037PRÁCT. DIMINUÍDOS PSÍQUICOS
201COCIÑA E PASTELERÍA
202EQUIPOS ELECTRÓNICOS
203ESTÉTICA
204FABRICACIÓN E INSTALACIÓN DE CARPINTERÍA E MOBLE
205INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE EQUIPOS TÉRMICOS E DE FLUíDOS.
206INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS
208LABORATORIO
209MANTEMENTO DE VEHÍCULOS
210MÁQUINAS, SERVICIOS E PRODUCCIÓN
211MECANIZADO E MANTEMENTO DE MÁQUINAS
212OFICINA DE PROXECTOS DE CONSTRUCCIÓN
213OFICINA DE PROXECTOS DE FABRICACIÓN MECÁNICA
214OPERACIÓNS E EQUIPOS DE ELABORACIÓN DE PRODUCTOS ALIMENTARIOS.
215OPERACIÓNS DE PROCESOS
216OPERACIÓNS DE PRODUCCIÓN AGRARIA
217PATRONAXE E CONFECCIÓN
218PERRUQUERÍA
219PROCEDEMENTOS DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO E ORTOPROTÉSICO

CódigoEspecialidades

220PROCEDEMENTOS SANITARIOS E ASISTENCIAIS
221PROCESOS COMERCIAIS
222PROCESOS DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA
223PRODUCCIÓN EN ARTES GRÁFICAS
225SERVICIOS Á COMUNIDADE
226SERVICIOS DE RESTAURACIÓN
227SISTEMAS E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS
228SOLDADURA
229TÉCNICAS E PROCEDEMENTOS DE IMAXE E SON

Os funcionarios de carreira procedentes de extinguidas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo IV.c) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica e VIII b) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e que a continuación se citan.

Especialidade antiga Especialidade nova

Práct. administrativas e comerciais-Proc. de xestión administrat.

-Proc. comerciais.

Prácticas de delineación.-Oficina de prox. de construcción.

-Oficina de prox. de fabricación mecánica.

Prácticas de química-Laboratorio.

-Operacións de procesos.

Pract. perruquería e est.-Estética

-Perruquería

Prácticas sanitarias-Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico. (Non inclúe as prazas de protésico dental).

-Procedementos sanitarios e asistenciais.

Prácticas de electricidade:-Instalacións electrotécnicas.

-Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos.

O establecido no punto anterior resultará de aplicación ós funcionarios en expectativa, prácticas, interinos e substitutos, nos supostos de que exista unha lista única de especialidade.

Quinta.

Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten localidades entenderase que solicitan tódolos centros da localidade, incluídos no anexo I, pola orde que se publican na presente resolución. Se piden a localidade con afíns, entenderase que solicitan con prioridade tódolos centros da mesma sen afíns e, posteriormente, con afíns. Se desexan solicitar centros doutros anexos deberán especifica-la petición co código do centro.

Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten centros específicos de adultos, entenderase que piden, se é o caso, ámbito de coñecementos, adxudicándose a praza na especialidade que figure no primeiro lugar.

Sexta.

Os profesores de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares,

poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001ALEMÁN
002ÁRABE
006ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS
008FRANCÉS
009GALEGO
011INGLÉS
012ITALIANO
015PORTUGUÉS
017RUSO

Sétima.

Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001ACORDEÓN
002FUNDAMENTOS DE COMPOSICIÓN
004CANTO
007CLARINETE
009CORO
010CONTRABAIXO
019HISTORIA DA MÚSICA
021FAGOT
023FRAUTA TRAVESA
024FRAUTA DE BICO
026GUITARRA
039MÚSICA DE CÁMARA
042ÓBOE
043ÓRGANO
044ORQUESTRA
045PERCUSIÓN
046PIANO
052SAXOFÓN
055TROMBÓN
057TROMPA
058TROMPETA
059TUBA
060VIOLA
061VIOLÍN
063VIOLONCELLO
088ARPA
090CLAVE

Para a adxudicación de determinadas prazas nas que se vai a imparti-lo grao superior das ensinanzas de música reguladas na sección primeira, capítulo I, do título II da LOXSE, poderá esixirse estar en posesión do título, do instrumento correspondente, superior de música ou equivalente, segundo o artigo 1 do Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo. Para estes efectos, os solicitantes acompañarán á petición copia do título correspondente.

Oitava.

Os profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

006DEREITO USUAL E CONTABILIDADE
009DEBUXO ARTÍSTICO
010DEBUXO LINEAL
013Hª DA ARTE
016MATEMÁTICAS
018MODELAXE E BALEIRADO
034TÉCNICAS DE DESEÑO GRÁFICO
035TÉCNICAS GRÁFICAS INDUSTRIAIS
037TEORÍA E PRÁCTICA DO DESEÑO
038PROXECTO E DESEÑO INTERIORES
039TEORÍA DA COMUNICACIÓN
040XEMOLOXÍA

Novena.

Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

006CERÁMICA ARTÍSTICA
008DECORACIÓN
012DELINEACIÓN
015DESEÑO DE FIGURÍNS
016DOURADO E POLICROMÍA
021ESMALTES
027FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA
028FOTOGRAFÍA E PROCESOS DE REPRODUCCIÓN
041METALISTERÍA ARTÍSTICA
047OURIVERÍA
050QUÍMICA APLICADA Á CERÁMICA
052REPUXADO EN METAL
058TALLA EN MADEIRA
060TALLA EN PEDRA E MADEIRA
063TÉCNICAS DE XOIERÍA
065BALEIRADO E MOLDAXE
066PROXECTO E DESEÑO DE INTERIORES
067TALLER DO MOBLE
097SERIGRAFÍA
107DESEÑO GRÁFICO ASISTIDO POR ORDENADOR

Décima.

1. Os participantes deberán manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afíns coas que desexan completar, se é o caso, horario.

2. De existir nun centro máis dunha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.

3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro ou localidade con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, na orde que coide conveniente. Para estes efectos, deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns. Cando se pretende solicitar un centro primeiro sen materias afíns e inmediatamente despois con materias afíns terán que trascribi-lo código do centro unha soa vez, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro ou localidade sobre a orde das materias afíns.

O profesorado poderá excluír da súa solicitude a petición de destinos de centros compartidos, sinalándoo no recadro correspondente da instancia.

Décimo primeira.

1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda.

2. Ós profesores, interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlle ningunha destas prazas, pasarán a formar parte da lista para posibles novas necesidades de interinidades ou substitucións. Ós profesores en expectativa de destino e en prácticas adxudicaráselles destino de oficio.

3. Ós profesores que teñan solicitadas prazas da súa especialidade para completar horario con outras materias, de non corresponderlles praza na súa especialidade adxudicaráselles praza noutra materia das indicadas como afíns, se existise vacante, unha vez colocados os colectivos sinalados nos puntos a), b), c), d) e e) da base segunda da presente resolución.

4. Ó profesorado substituto unicamente poderá adxudicárselle praza da súa especialidade con ou sen materias afíns segundo a solicitude.

Décimo segunda.

As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre os funcionarios en expectativa de destino, funcionarios en prácticas e, se é o caso, interinos, dos corpos correspondentes, serán adxudicadas ós profesores de ensino secundario, da respectiva especialidade que as solicitasen.

Décimo terceira.

Cando concorran a prazas de materias afíns, profesores de distinta especialidade a orde de prioridade na adxudicación virá determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda da presente resolución. No suposto de que pertenzan ó mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servicios como interino ou substituto. De coincidi-la mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, iniciándose polo apelido coa letra «T».

Décimo cuarta.

1. Con carácter previo á adxudicación das prazas do presente concurso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá a resolve-las peticións de reingreso no servicio activo solicitados con anterioridade ó 3 de setembro de 2001.

2. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas deberá terse rematado a adscrición funcional regulada polas instruccións da Dirección Xeral de Persoal do 4 de xullo de 2000.

3. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas procederase a adscrición provisional daqueles profesores que tendo destino definitivo deban ser desprazados provisionalmente por falta de horario no seu centro de destino, depois de cumprírense tódolos criterios para determina-los cadros de persoal dos IES e CPI establecidos no acordo entre a consellería e as centrais sindicais ANPE, CC.OO e CSI-CSIF, asinado o 21 de xullo de 1998, de acordo coas seguintes normas:

a) A adscrición provisional de efectivos dentro da mesma localidade efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa. No suposto de que o funcionario que se vai desprazar teña a posibilidade de ir prestar servicios en máis dun centro, por existir vacante

da súa especialidade, será desprazado ó que el determine.

b) A adscrición provisional para unha localidade distinta dentro da mesma provincia de destino será efectuada por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa, logo de conformidade do interesado.

c) A adscrición provisional a un centro situado en provincia distinta da de orixe, será efectuado pola Dirección Xeral de Persoal, por proposta dos delegados provinciais, logo do informe da inspección educativa e da conformidade do interesado.

d) Cando varios profesores soliciten voluntariamente ser adscritos a outro centro por falta de horario no seu centro de destino definitivo, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

1. Prestar servicios na mesma localidade.

2. Prestar servicios na mesma provincia.

3. Data da toma de posesión. Se a data da toma de posesión é a mesma daráselle prioridade ó número de rexistro de persoal máis baixo ou mellor número de oposición, segundo os casos. Se concorresen á mesma praza funcionarios procedentes de distintos corpos, anteriores á entrada en vigor da LOXSE, efectuarase un sorteo para determina-la preferencia.

Décimo quinta.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se algún profesor en expectativa de destino no curso 2000/2001 ou opositor do ano 2000 que obtivo destino na Resolución do 4 de abril de 2001 non obtén destino definitivo, terá un prazo de dez días naturais para face-la solicitude, contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia do concurso de traslados.

Así mesmo, se algunha persoa pediu praza e logo obtén destino definitivo na resolución do concurso de traslados, seralle retirada a solicitude, de oficio pola Dirección Xeral de Persoal.

Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001, o prazo será de cinco días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da lista de aprobados polos tribunais.

Os opositores mencionados no parágrafo anterior que xa fixeran a súa solicitude pola súa condición de interinos ou substitutos poderán acollerse a presentar no mesmo prazo e lugar mencionados anteriormente o documento que se achega como anexo V.

Décimo sexta.

1. Sen prexuízo do establecido no parágrafo terceiro da base anterior, as solicitudes, segundo o modelo oficial que estará á disposición dos inte

resados nas delegacións provinciais, presentaranse, por duplicado, orixinal e fotocopia, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 37.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xuntarase á solicitude fotocopia compulsada do primeiro nomeamento como funcionario interino ou substituto.

2. Nas solicitudes deberanse consigna-los centros ou localidades que se solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos da presente resolución.

Cando non exista concordancia entre os dous exemplares da solicitude de prazas, terá validez a que sexa obxecto de tratamento informático. Calquera erro no número de código determinará que se anule a petición, se non corresponde a ningún centro existente.

3. Cando se soliciten prazas de máis dunha especialidade, de acordo coas bases desta convocatoria, deberanse repeti-los códigos dos centros ou localidades nos que se desexe obter praza, indicando no recadro da dereita da instancia o código da especialidade.

Décimo sétima.

1. Non poderán participar no presente concurso os profesores que teñan concedida unha comisión de servicios ou unha adscrición a un posto de traballo para o curso académico 2001/2002.

2. Aqueles profesores ós que, participando no concurso convocado pola presente resolución, se lles conceda posteriormente unha comisión de servicios ou adscrición deberán remitir renuncia ó concurso, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo oitava.

A solicitude realizada conforme a esta resolución será válida para os cursos académicos vindeiros, agás que o interesado desexe modifica-la orde de petición de centros.

Décimo novena.

1. O día 20 de xullo de 2001, a Dirección Xeral de Persoal procederá a publica-las relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de prazas nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos centros educativos que a continuación se indican:

A Coruña...IES «Eusebio da Guarda»...IES «Fdo. Wirtz»

Santiago de Compostela...IES «Rosalía de Castro»...IES «Monte de Conxo»

Ferrol...IES «Sofía Casanova»...IES de Caranza

Lugo...IES «N. Sra. dos Ollos Grandes»...IES Nº 1

Burela...IES «Monte Castelo»

Monforte de Lemos...IES «Río Cabe»

Ourense...IES «Eduardo Blanco Amor»...IES «A Carballeira»

O Barco de Valdeorras...IES «Lauro Olmo»

Pontevedra...IES «Valle Inclán»...IES «Frei Martín Sarmiento»

Vigo...IES «San Tomé de Freixeiro»...IES Nº 1

2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de dez días naturais para presentar reclamacións.

3. Resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral de Persoal procederá á adxudicación das prazas e facer pública a resolución provisional do concurso nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4. Os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, no prazo de tres días naturais a partir da súa exposición.

5. Resoltas as incidencias ás que se refire o punto anterior procederase a elevar a definitiva a resolución provisional e a súa publicación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Vixésima.

O profesorado tomará posesión na unidade de persoal da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia de destino, e incorporarase ó centro no prazo das corenta e oito horas seguintes á exposición da resolución definitiva do concurso.

Vixésimo primeira.

Os participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 8 de marzo de 2001, que non estean incluídos nas listas dos aspirantes que superaron estes nin nos puntos d) ou e) da base segunda da presente resolución, serán incluídos nas relacións de aspirantes que van desempeñar prazas de interinidades ou substitucións, sempre que estean en posesión da titulación que se relaciona para cada especialidade no anexo VII. Estarán exceptuados deste requisito de titulación os aspirantes que superen o primeiro dos exercicios da fase de oposición.

Este colectivo ordenarase para efectos de prioridade na elección por especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques pola puntuación resultante da fase de concurso e oposición, unha vez realizada a ponderación prevista no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2001.

Jaime García e García

Director xeral de Persoal

ANEXO V

Don/a ...... co DNI...... e domicilio para efectos de notificación na rúa...... C.P...... localidade...... provincia...... Tlfno......

EXPÓN: que de conformidade coa resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 25 de abril de 2001, solicitou praza coma

p interino

no corpo de ......, especialidade de ......

p substituto

Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de escolas oficiais de idiomas/profesores de música e artes escénicas (táchese os corpos que non procedan) convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001 na especialidade de..., polo que solicita que a súa petición sexa tramitada conforme a base décimo quinta da resolución mencionada.

......, ...... de ...... de 2001

Asdo.:

Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ANEXO VI

EspecialidadeTitulacións

Lingua castelá e literatura-Licenciado en filoloxía hispánica

Matemáticas-Licenciado en matemáticas

Física e química-Licenciado en física e química

Bioloxía e xeoloxía-Licenciado en bioloxía ou xeoloxía

Debuxo-Arquitecto -Licenciado en Belas Artes-Enxeñeiro

Francés-Licenciado en filoloxía francesa

Inglés-Licenciado en filoloxía inglesa

Alemán-Licenciado en filoloxía alemana

Música-Título superior de música ou equivalente, segundo o Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo.-Licenciado en xeografía e historia, especialidade musicoloxía.

Educación física-Licenciado en educación física-Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte

Tecnoloxía-Enxeñeiro-Arquitecto-Licenciado en:

*Ciencias físicas

*Ciencias químicas

*Ciencias

* Mariña civil-Enxeñeiro técnico-Arquitecto técnico-Diplomado na Mariña Civil

Lingua e literatura galega-Licenciado en filoloxía galego-portuguesa

Formación e orientación laboral-Licenciado en:

*Ciencias económicas

*Ciencias empresariais

*Dereito

*Psicoloxía

*Socioloxía-Diplomado en:

*Ciencias empresariais

*Relacións laborais

*Traballo social

*Educación social

*Xestión e administración pública

Hostalería e turismo-Diplomado en turismo

Informática-Diplomado en estatística-Enxeñeiro técnico en:

*informática de xestión

*informática de sistemas-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas-Enxeñeiro superior en telecomunicacións

EspecialidadeTitulacións

Organización e procesos de mantemento de vehículos-Diplomado en:

*Navegación marítima

*Radioelectrónica naval

*Máquinas navais-Enxeñeiro técnico:

*Aeronáutico, en tódalas súas especialidades

*Agrícola, en tódalas súas especialidades

*Forestal, en tódalas súas especiailidades

*Minas, en tódalas súas especialidades

*Naval, especialidade en propulsión e servicios do buque

*Obras públicas, en tódalas súas especialidades

*Industrial, en tódalas súas especialidades-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Cociña e pastelería-Técnico especialista en hostalería-Técnico superior en restauración

Equipos electrónicos-Licenciado en física, especialidade electrónica-Enxeñeiro:

*Telecomunicación

*Electrónica

*Automática e electrónica industrial

*Industrial

*Aeronáutico-Diplomado en radioelectrónica naval-Enxeñeiro técnico en:

*Aeronáutica (especialidade aeronavegación)

*Informática de sistemas

*Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial)

*Telecomunicacións, en tódalas súas especialidades

Fabricación e instalación e carpintería e moble-Arquitecto-Enxeñeiro

*Industrial

*Montes

*Materiais-Enxeñeiro técnico en:

*Deseño industrial

*Industrial, especialidade mecánica

*Forestal, especialidade en industrias forestais ou en explotacións forestais-Arquitecto técnico-Técnico superior en producción de madeira e moble

Instalacións electrotécnicas-Diplomado en radiolectrónica naval-Enxeñeiro técnico en:

*Aeronáutica (especialidade aeronavegación)

*Informática de sistemas

*Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial)

*Telecomunicacións, en tódalas súas especialidades-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

Mantemento de vehículosDiplomado en máquinas navais

Enxeñeiro técnico:

*industrial, especialidade en mecánica

*Aeronáutico en tódalas súas especialidades

*Naval, especialidade en propulsión e servicios do buque

*Agrícola, en tódalas súas especialidades

*Minas, especialidade en instalacións electromecánicas mineiras-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas-Técnico superior en automoción

Mecanizado e mantemento de máquinasDiplomado en Máquinas navais

Enxeñeiro técnico:

*industrial, especialidade en mecánica

*Deseño industrial

*Naval, especialidade estructuras mariñas

*Agrícola, en tódals súas especialidades

*Minas, especialidade en mineralurxia e metalurxia-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas-Técnico superior en producción por mecanizado

Operacións de producción agraria-Enxeñeiro:

*Agrónomo

*De montes-Enxeñeiro técnico:

*Agrícola en tódalas súas especialidades

*Forestal en tódalas súas especialidades

Servicios de restauración-Tecnico superior en restauración-Técnico especialista en hostelaría

Sistemas e aplicacións informáticas-Enxeñeiro

*Informática

*Telecomunicación-Enxeñeiro técnico:

*Informática de xestión

*Informática de sistemas

*Telecomunicación en tódalas súas especialidades

Soldadura-Técnico superior en construccións metálicas-Técnico especialista en:

*Construccións metálicas

*Soldadura

*Fabricación soldada

*Calderería en chapa estructural