Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de Vigo, e mailos novos estatutos. Consiste a dita modificación no cambio do artigo 10, substituíndo o texto das alíneas a), b) e d); e, así mesmo, engadir a continuación da alínea i), as alíneas j), k), l) e m). Artigo 20, modificar alíneas b) e e). Artigo 35.2º, modificar alínea e).

Territorial: provincial.

Profesional: tódolos productos que constitúen as capturas habituais dos membros desta organización e aqueloutros que se consideren convenientes.

Asinan a acta de constitución: José Antonio Tizón Ferreira e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 5 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra