Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001, da Delegación Provinical de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación dos expedientes sancionadores LU-E 98 e 84/2001, por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase a seguir:

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de negociado Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera intre da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicacióin desta

notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (Diario Oficial de Galicia do 30 de setembro).

Lugo, 27 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº ExpedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Jacinto Sotillo Castillo33.341.156LU-E 98/200126-e) L.O. 1/1992Catedral, 12, LugoAta 50.000 pesetas

Alejope Bar, S.L.B-27200864LU-E 84/200126.e) L.O. 1/1992Rúa Nova, 18, LugoAta 50.000 pesetas