Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos. (LU-E 224/2000 e seis máis).

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle ás persoas que a seguir se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción,

por infraccións en materia de espectáculos públicos, a súa contía e número cítanse a seguir:

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, recadación

de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobro pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño).

Lugo, 27 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº ExpedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 224/200023 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992Misericordia, 50, Viveiro120.000 pesetas e 15 días de suspensión da licencia de apertura

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 243/200023 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992Misericordia, 50, Viveiro110.000 pesetas e 15 días de suspensión da licencia de apertura

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 231/200023 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992Misericordia, 50, Viveiro130.000 pesetas e 20 días de suspensión da licencia de apertura

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 254/200023 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992Misericordia, 50, Viveiro120.000 pesetas e 15 días de suspensión da licencia de apertura

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 256/200023 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992Misericordia, 50, Viveiro100.000 pesetas

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 227/200023 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992Misericordia, 50, Viveiro110.000 pesetas e 15 días de suspensión da licencia de apertura

Cañacel, S.L.B-33.390.949LU-E 33/200123 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992Vilalba, s/n, Ribadeo50.001 pesetas