Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios de Ocio Activo Sanxenxo Activo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos

da Asociación de Empresarios de Ocio Activo Sanxenxo Activo, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: tódalas empresas e empresarios do sector de ocio e turismo activo da comarca do Salnés.

Asinan a acta de constitución: Ignacio Velón de Francisco e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 6 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra