Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e, de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, da Consellería de Medio Ambiente, e na orde da Consellería de Medio Ambiente do 8 de setembro de 1998 (DOG do 16 de setembro).

A realización desta terá lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia, sito na Ronda da Muralla, 70 de Lugo.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo, sito na rúa Ronda da Muralla, 70 desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG desta resolución.

As ofertas poderanse presentar -durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG desta resolución- no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de

Lugo, ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B coa oferta económica.

O sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se realizan ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os xustificantes acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 20 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

No caso de que o licitador estea dado de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número, e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os xustificantes acreditativos das fianzas provisionais.

O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares de aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, a porcentaxe que corresponda, segundo o réxime especial ou xeral que aplique a propiedade do monte, en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2001.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

Relacións de aproveitamentos forestais

Provincia de Lugo

Datos do monteDatos do aproveitamento

Nº expte.

Monte

Pertenza

Concello

Nº elenco

Motivo

Situación

Especie

Nº pés

mc

ptas./mc

Taxación

Taxas

ptas.

Fianza

provisional

ptas.

26/01Corda da NedaC. AbeledoAbadín2715790TemporaisEn péP.r.1.1485132.8001.436.40029.27628.728

27/01Masmada e outro (lote 1)S.A.T. nº 17160Becerreá2716511IncendioEn péP.s.4.8921.2731.6002.036.80049.73440.736

28/01Masmada e outro (lote 2)S.A.T. nº 17160Becerreá2716511IncendioEn péP.s.4.5279331.5001.399.50037.81727.990

29/01Masmada e outro (lote 3)S.A.T. nº 17160Becerreá2716511IncendioEn péP.s.2.8065091.400712.60023.76414.252

30/01Masmada e outro (lote 4)S.A.T. nº 17160Becerreá2716511IncendioEn péP.s.5.4101.2811.6002.049.60049.99940.992

31/01Masmada e outro (lote 5)S.A.T. nº 17160Becerreá2716511IncendioEn péP.s.4.8691.1531.6001.844.80045.77436.896

32/01Masmada e outro (lote 6)S.A.T. nº 17160Becerreá2716511IncendioEn péP.s.5.5191.3071.6002.091.20050.85541.824

33/01De Arriba e AbajoC. GobernoCastro de Rei2715798TemporaisEn péP.r.1.0613462.9001.003.40022.52420.068

34/01Rego de ParedesC. AzúmaraCastro de Rei2715799TemporaisEn péP.r.2.1568232.6002.139.80041.06142.796

35/01Coutado e outro (lote 1)C. S. Andrés BarredoCastroverde2715543Fin de quendaEn péP.r.2.2909284.8004.454.40060.62389.088

36/01Coutado e outro (lote 2)C. S. Andrés BarredoCastroverde2715543Fin de quendaEn péP.r.2.6269174.6504.264.05058.96685.281

37/01Coutado e outro (lote 3)C. S. Andrés BarredoCastroverde2715543Fin de quendaEn péP.r.2.2046133.9002.390.70038.53347.814

38/01CorvaC. PinoCospeito2715509RareoEn péP.r.2.3811231.200147.6009.8042.952

39/01CorvaC. PinoCospeito2715509Fin de quendaEn péP.pr.1.1824244.1001.738.40029.67334.768

40/01De VilladridC. VilladridA Fonsagrada2715740IncendioEn péP.r.3.3671.5242.1003.200.40063.73164.008

41/01De VilladridC. VilladridA Fonsagrada2715740TemporaisEn péP.r.1.2237562.4001.814.40037.21236.288

42/01De TravesasC. TravesasA Fonsagrada2715777Fin de quendaEn péP.r.6716144.8002.947.20042.72758.944

43/01De PorteliñaC. PorteliñaA Fonsagrada2715891Fin de quendaEn péP.pr.1.9941.0264.3004.411.80062.36388.236

44/01De ReboiraS.A.T. nº 4614A Fonsagrada2716535Fin de quendaEn péP.pr.2.7248774.0003.508.00052.45470.160

45/01De S. Martín de SuarnaS.A.T. nº 601 XUGAA Fonsagrada2716550Fin de quendaEn péP.pr.2.3807913.8003.005.80046.88560.116

46/01De RozabragadaC. RozabragadaA Fonsagrada2717509Fin de quendaEn péP.pr.3.4172.3744.60010.920.400139.473218.408

Datos do monteDatos do aproveitamento

Nº expte.

Monte

Pertenza

Concello

Nº elenco

Motivo

Situación

Especie

Nº pés

mc

ptas./mc

Taxación

Taxas

ptas.

Fianza

provisional

ptas.

47/01De ArcoParticularA Fonsagrada2717520Fin de quendaEn péP.pr.1.9106624.2002.780.40042.48455.608

48/01ArquideParticularA Fonsagrada2717546TemporaisEn péP.s.6.8121.9152.4004.596.00082.40691.920

49/01De RamelleC. RamelleFriol2715609Fin de quendaEn péP.pr.1.1547984.9003.910.20053.81178.204

50/01QueimadoParticularFriol2717020Fin de quendaEn péP.pr.1.0105604.4002.464.00037.97049.280

51/01De NegradasC. NegradasGuitiriz2715565RareoEn péP.r.4.0494561.800820.80023.46216.416

52/01De Pradeda (lote 2)C. PradedaGuntín2715703Fin de quendaEn péP.r.5053264.0001.304.00024.35926.080

53/01Lamagrande e outrosC. TraslisteLáncara2715848TemporaisEn péP.r.1621955.8003.381.40045.33467.628

LamagrandeC. Vilaleo2715857328388

54/01Verín e CarrásC. Cazolga e MogoLorenzá2715539Fin de quendaEn péE.g.1.8881.3164.5005.922.00079.776118.440

55/01Marroxo e S. Alende (lote 1)C. GulladeMonforte de Lemos2715733TemporaisEn péP.r.11.9452.4573.0007.371.000114.596147.420

56/01Marroxo e S. Alende (lote 2)C. GulladeMonforte de Lemos2715733TemporaisEn péP.r.6.5781.5053.0004.515.00073.19290.300

57/01Marroxo e S. Alende (lote 3)C. GulladeMonforte de Lemos2715733TemporaisEn péP.r.7.7722.4053.1507.575.750115.041151.515

58/01Marroxo e S. Alende (lote 4)C. GulladeMonforte de Lemos2715733TemporaisEn péP.r.4.9306202.4001.488.00031.91129.760

59/01Marroxo e S. Alende (lote 5)C. GulladeMonforte de Lemos2715733TemporaisEn péP.r.10.1201.3942.5003.485.00063.13669.700

60/01Marroxo e S. Alende (lote 6)C. GulladeMonforte de Lemos2715733TemporaisEn péP.r.4.6629352.4002.244.00044.19344.880

61/01De Valiña e outros (lote 1)C. DoncosAs Nogais2715683IncendioEn péP.s.23.8945.3201.7509.310.000189.241186.200

62/01De Valiña e outros (lote 2)C. DoncosAs Nogais2715683IncendioEn péP.s.23.3397.1182.10014.947.800269.269298.956

63/01De Valiña e outros (lote 3)C. DoncosAs Nogais2715683IncendioEn péP.s.9.8772.5692.1005.394.900102.127107.898

64/01AlfonsínS.A.T. nº 910Pol2716526TemporaisEn péP.r.86382.900110.2005.7672.204

65/01De Nocedo (lote 5)C. NocedoQuiroga2715743IncendioEn péP.pr.3.8241.0422.8002.917.60051.49158.352

66/01De Nocedo (lote 6)C. NocedoQuiroga2715743IncendioEn péP.pr.5.3641.1622.4002.788.80053.04355.776

67/01De Nocedo (lote 7)C. NocedoQuiroga2715743IncendioEn péP.pr.13.4542.2741.8004.093.20086.17081.864

68/01De Nocedo (lote 8)C. NocedoQuiroga2715743IncendioEn péP.pr.24.9453.3621.5505.211.100117.395104.222

69/01CoroaC. CubelasRibadeo2715575TemporaisEn péE.g.37133.0001.009.60024.43920.192

P.r.1.6324222.300

70/01Os ChaosC. PiñeiraRibadeo2715685Fin de quendaEn péE.g.1.3446134.0002.598.30041.26651.966

A.m.171131.000

P.r.200433.100

71/01Ferroedo e agregadosC. OusendeO SaviñaoLU-2098Fin de quendaEn péP.pr.2.4269954.1004.079.50059.21981.590

72/01Ferroedo (Broza Oeste)C. Oeste pª de BrozaO Saviñao2715721Fin de quendaEn péP.pr.2.8411.5504.7007.285.00094.912145.700

73/01De VilapenaC. VilapenaTrabada2715595Fin de quendaEn péP.r.1.3568793.0002.637.00045.96552.740

74/01CalderónVeciños do BiduedoTriacastelaLU-3068IncendioEn péP.s.3.1107441.5001.116.00031.72422.320

75/01Pena de CabraC. NeteVilalba2715697Fin de quendaEn péP.r.4.1443241.600518.40018.42410.368

76/01CasteloC. GaldoViveiro2715570TemporaisEn péP.r.1.9851.1462.8003.208.80055.85864.176

77/01Lamas de Galdo (lote 1)C. MagazosViveiro2715736Fin de quendaEn péP.pr.2.1778353.1002.588.50044.67951.770

78/01Lamas de Galdo (lote 2)C. MagazosViveiro2715736Fin de quendaEn péP.pr.1.4404723.1001.463.20028.61829.264

79/01Costa de Laxa MouraC. S. Isidro MonteXove2715600Fin de quendaEn péP.pr.2.0336162.8501.755.60033.83335.112