Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 16 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente 85.1/1999, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992 notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de interesados como propietarios actuais, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente administrativo sancionador, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo R.D. 1471/1989, do 1 de decembro e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de

setembro, e 1771/1994, do 5 de agosto (en diante R.C.).

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 16 de abril de 2001.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 85.1/1999.

Interesados: Jose Luis Rodríguez GarcÍa e Mª Pilar Outeiriño Aguiar.

Condición: propietarios actuais.

Último enderezo coñecido: rúa Mestre Monte, nº 6-3º D. Vigo.

Data da resolución: 26-3-2001.

Feitos: instalación dunha casa prefabricada e cerrume de parcela.

Lugar: As Aceñas.

Concello: a Illa de Arousa.

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a) e 26.1º da L.C. e artigos 44.3º e 45.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), 91.2º e), 95.1º e 97.1º b) da L.C. e artigos 174 c), 175.2º e), 179.1º e 183 b) do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 619.710 pesetas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da L.C. e 179.1º do R.C. o infractor estará obrigado á restitución das cousas e á súa reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa. Transcorrido o prazo sen que se cumprise o ordenado, imporáselle unha multa coercitiva polo importe de sesenta e unha mil novecentas setenta e unha pesetas mensuais (61.971 pesetas) ata a súa total execución, procedéndose á súa execución subsidiaria por conta do infractor e á súa custa, caso de que este non o leve a cabo.