Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.212

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (3007/2001).

José Andrés Salgado Fernández, secretario da Sección 2 da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Polo presente edicto fago constar que na peza nº 3007/2001 se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o seguite teor literal:

«Peza: recurso de apelación 3007/2001.

Maxistrados:

Presidente: José Juan Ramón Barreiro Prado.

Maxistrados:

Ángela-Irene Domínguez-Viguera Fernández.

Jaime Esain Manresa.

Sentencia nº 39:

En Pontevedra, o oito de febreiro de dous mil un.

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada nos autos do proceso civil nº 239/1998 e 89/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín e promovido entre as partes, dunha, como apelante e demandados, Pedro Fernández Follán, José Fernández Follán e José Jaime Goday Enríquez, e da outra,

como apelado e demandante José Luis Fernández Pedreira, e como apelados e demandados rebeldes Víctor Diéguez Negro, comunidade de propietarios do edif. nº 1 da rúa Areal de Lalín, Jesús Mouriño Vázquez, a herdanza xacente de Manuel Álvarez Louzao e persoas descoñecidas e incertas que resulten ser herdeiras de Manuel Álvarez Louzao, coa intervención do Ministerio Fiscal, no xuízo de cognición sobre reclamación de honorarios.

Decidimos:

Estimar en parte o recurso de apelación interposto pola representación de Pedro Fernández Follán, José Fernández Follán e José Jaime Goday Enríquez contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín, nos autos de xuízo de cognición a que se refire a presente peza, que se revoga parcialmente, quedando obrigados os demandados a lle aboaren ó demandante a cantidade de 153.571 pesetas que producirán os xuros legais desde a data da interpelación xudicial. Mantemo-la resolución apelada nos seus restantes pronunciamentos, sen efectuar unha expresa imposición das custas da alzada.

Co testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, quen avisará da recepción.

Así, por esta sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal, ó que me remito, e para que así conste e para que sirva de notificación ó demandado rebelde Jesús Mouriño Vázquez, expido e asino o presente testemuño en Pontevedra o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e dous.

O/a secretario/a xudicial

Rubricado