Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.213

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (531/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 531/2000, seguidos por instancia de Antonio Pedreira Vieiro contra Axcli, S.L. e outras, sobre indemnización accidente, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 16-3-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, desestimando a demanda interposta por Antonio Pedreira Vieiro, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a empresa Axcli, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo absolver e absolvo os ditos demandados dos pedimentos contidos na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe o recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta resolución cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Axcli, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Miguel Servet, 12, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 10 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado