Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.213

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (895/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 895/2000 seguidos por instancia de Fernando Varela Garea contra Materiales de Construcción Prana, S.L. sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sen

tencia, con data do 3-4-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por Fernando Varela Garea, contra a empresa Materiales Construcción Prana, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 276.008 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso ningún, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Materiales de Construcción Prana, S.L., que tivo o seu último domicilio coñecido en r/ Lucía Caño, 2, 15004, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 3 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado