Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.213

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (126/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 126/2001, seguidos por instancia de Carlos J. Lago Blanco e outro, contra Manuel Bermúdez Romero, sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 6-4-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Carlos Javier Lago Blanco e Ramón Nogueira Vilariño, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Manuel Bermúdez Romero a que, á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto de traballo ou os indemnice coa cantidade de 46.905 pesetas a Carlos Javier Lago Blanco e 51.121 pesetas a Ramón Nogueira Vilariño, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 406.868 pesetas a Lago Blanco e 443.443 pesetas a Nogueira Vilariño.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 126-2001 do

Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social Número Tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito; sen os ditos requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Manuel Bermúdez Romero, expido e asino esta cédula na Coruña o 6 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado