Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.206

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2001 pola que se convoca un concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1812/2001 e vinteoito máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, resolvo convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; e na Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais.

a) Ser español. Así mesmo, poderán accede-los nacionais dos países a que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) No ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir ademais as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel mesmo se sinalan, os interesados deberán acreditar que son eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade, quen estivera contratado durante

máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, por dereitos de exame e dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente número 2091-300-44-3110000482 de Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela (impreso modelo 48/2 outros ingresos), a cantidade de 4.000 pesetas en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. Non acredita-lo pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo o modelo que figura no anexo II ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado, achegando o xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten que reúne os requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á da fin do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación ante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios para efectuar o acto de constitución dela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes fixando o seu día, a hora e o lugar de celebración.

Oitava.-No acto de presentación, os e as concursantes entregarán ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real

decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos e candidatas que se propoñan para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, nos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non acharse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, pero deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, que acredite a súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1812/2001.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: oftalmoloxía.

Departamento ó que está adscrita: Cirurxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: oftalmoloxía en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1813/2001.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: lóxica e filosofía da ciencia.

Departamento ó que está adscrita: Lóxica e Filosofía Moral.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: lóxica (filosofía da lóxica) en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1814/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: anatomía e anatomía patolóxica comparadas.

Departamento ó que está adscrita: Anatomía e Producción Animal.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: anatomía e embrioloxía veterinaria en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1815/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: producción animal.

Departamento ó que está adscrita: Anatomía e Producción Animal.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: nutrición e alimentación animal en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1816/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina legal e forense.

Departamento ó que está adscrita: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: medicina legal (patoloxía forense) en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1817/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito internacional público e relacións internacionais.

Departamento ó que está adscrita: Dereito Público e Teoría do Estado.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: dereito internacional público en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1818/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: economía financeira en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1819/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: contabilidade en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1820/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: contabilidade de custos, contabilidade de xestión e control de xestión en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1821/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: electrónica.

Departamento ó que está adscrita: Electrónica e Computación.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1822/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: estatística e investigación operativa.

Departamento ó que está adscrita: Estatística e Investigación Operativa.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: estatística en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1823/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: estomatoloxía.

Departamento ó que está adscrita: Estomatoloxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: odontoloxía integrada de adultos. Odontoloxía restauradora en Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1824/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxías galega e portuguesa.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: lingua portuguesa en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1825/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: física aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Física Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: física (lic. veterinaria); física de solos (lic. química) en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1826/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: física aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Física Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: fundamentos físicos da enxeñería en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1827/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: fisioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Fisioloxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1828/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: fundamentos da análise económica.

Departamento ó que está adscrita: Fundamentos da Análise Económica.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: teoría económica en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1829/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: literatura española.

Departamento ó que está adscrita: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: literatura española dos séculos XVIII, XIX e XX en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1830/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: econometría en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1831/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas e Comercialización.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: administración de empresas en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1832/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: sanidade animal.

Departamento ó que está adscrita: Patoloxía Animal.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: parasitoloxía en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1833/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: nutrición e bromatoloxía.

Departamento ó que está adscrita: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1834/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: nutrición e bromatoloxía.

Departamento ó que está adscrita: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: hixiene e inspección dos alimentos en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1835/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: tecnoloxía dos alimentos.

Departamento ó que está adscrita: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: tecnoloxía dos alimentos e industrias fermentativas (enxeñería agrícola, especialidade industrias agrarias) en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1836/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química física.

Departamento ó que está adscrita: Química Física.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: química física en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1837/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencia política e da administración.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía e Ciencia Política e da Administración.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: teoría do estado e sistemas políticos contemporáneos en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1838/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencia política e da administración.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía e Ciencia Política e da Administración.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1839/2001.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enfermería.

Departamento ó que está adscrita: Enfermería.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: enfermería cirúrxica en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1840/2001.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: música.

Departamento ó que está adscrita: Historia da Arte.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: expresión musical na educación infantil en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.