Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de axencias marítimas.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001, do convenio colectivo para o sector de axencias marítimas, co nº de código 3600044, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-3-2001, subscrita en representación da parte económica pola Asociación de Empresas Consignatarias y Estibadoras de Buques da provincia de Pontevedra, e da parte

social, pola central sindical UGT, con data do 13-3-2001. De conformidade co disposto na cláusula da revisión salarial do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de marzo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Comisión negociadora para a revisión salarial do convenio colectivo de traballo para empresas e empregados de axencias marítimas.

Comisión negociadora:

Pola asociación de consignatarios: Ramón Cortegoso.

Por UGT:

Víctor Pazos.

Fernando Vila.

Elvira Álvarez.

En Vigo, ás dezaoito horas do día trece de marzo de dous mil un, reúnense na sala de xuntas da Asociación de Empresas Consignatarias e Estibadoras de Buques da provincia de Pontevedra, os señores relacionados á marxe, compoñentes da comisión deliberadora encargada de negocia-lo incremento salarial para o ano 2001 do convenio colectivo de traballo para as empresas e empregados de axencias marítimas da provincia de Pontevedra.

Aberta a sesión e tras analiza-las diferentes propostas, adóptanse os acordos seguintes:

Primeiro.-Actualiza-lo 1 de xaneiro de 2001 a táboa salarial vixente no un por cento (1%) como compensación polo desfasamento producido entre o IPC real e o aumento acordado para o ano 2000, e en aplicación da cláusula de revisión do actual convenio.

Segundo.-Acórdase un incremento salarial para o ano 2001 dun tres por cento (3%), con efecto retroactivo ó 1 de xaneiro.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás vinte horas da data do encabezamento.

Rubricado

Grupos e categoríasSalario mensual/ptas.

I. Titulados
Titulado superior171.212
Titulado medio: grupo A153.129
Titulado medio: grupo B142.796

II. Administrativos
Xefe de sección171.212
Xefe de negociado153.129
Oficial administrativo135.178
Auxiliar administrativo103.259
Aspirante de 16 a 18 anos 78.558

III. Subalternos
Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro e sereno 90.198
Mozo dos recados de 16 a 18 anos 78.558

IV. Servicios varios
a) Categorías básicas
Encargado de sección116.331
Oficial de 1ª111.836
Oficial de 2ª106.226
Oficial de 3ª102.567
Peón102.567
Aprendiz de 16 a 18 anos 78.558
b) Categorías asimiladas
Conductor de camión106.226
Conductor de turismo106.226
Cosedor101.353

Gratificación de caixeiros, complementos

de postos de traballo e persoal

Importe anual/ptas.

A) Gratificación de caixeiro, sempre que sexa por quebranto de moeda87.420
B) Apoderados87.420
c) Complemento persoal con coñecemento de idiomas estranxeiros87.420

Valor da hora extra en día laborable e da hora extra en sábado mañá, nocturno, sábado tarde, domingos e festivos para os distintos grupos e categorías do persoal de axencias marítimas

Hora extra

pesetas

Hora extra

sábado

mañá e

nocturna

pesetas

Hora extra

sábado

tarde,

domingos e

festivos/ptas.

I. Titulados
Titulado superior1.9042.2963.024
Titulado medio: grupo A1.6802.0162.689
Titulado medio: grupo B1.5691.9042.521

II. Administrativos
Xefe de sección1.9042.2963.024
Xefe de negociado1.6802.0162.689
Oficial administrativo1.5131.7922.408
Aspirante 16 a 18 anos8971.0641.400

Hora extra

pesetas

Hora extra

sábado

mañá e

nocturna

pesetas

Hora extra

sábado

tarde,

domingos e

festivos/ptas.

III. Subalternos
Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro, e sereno1.0081.2321.625
Mozo dos recados 16 a 18 años8971.0641.400

IV. Servicios varios
a) Categorías básicas
Encargado de sección1.4571.7362.241
Oficial de 1ª1.4571.7362.241
Oficial de 2ª1.4571.7362.241
Oficial de 3ª1.4571.7362.241
Peón1.4571.7362.241
Aprendiz 16 a 18 anos1.4571.7362.241
b) Categorías asimiladas
Conductor de camión1.4571.7362.241
Conductor de turismo1.4571.7362.241
Manipulante1.4571.7362.241
Encargado de almacén

ou almaceneiro

1.4571.7362.241
Mozo de almacén1.4571.7362.241
Cosedor1.4571.7362.241