Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da actualización da táboa salarial para o ano 2000 e elaboración da táboa provisional para o ano 2001 do convenio colectivo da empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A. (Elcesa).

Visto o texto de actualización da táboa salarial para o ano 2000 e a elaboración da táboa provisional para o ano 2001 do convenio colectivo da empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A. (Elcesa) (código convenio 1503452), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-3-2001, subscrito pola comisión paritaria o día 27-3-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e ocial da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de abril de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta final

Empresa:

José García Loureda.

Traballadores:

Beatriz Romaus Casas.

Andrés Vilariño Moro.

Asesor:

Roberto Veira López, UGT.

Fernando Vázquez Martínez, UGT.

En Bergondo, o 27 de marzo de 2001, ás 16.30 horas, reúnense nos locais da empresa Elcesa, S.A. as partes que á marxe se relacionan, membros da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Elcesa.

Acordan:

1. A revisión, actualización e elaboración da táboa salarial definitiva de aplicación ó ano 2000, nun 1,5 %, a cal se achega a esta acta como anexo I, conforme o sinalado na cláusula salarial (artigo 28).

2. O pagamento das diferencias dos conceptos económicos revisados, correspondente ós atrasos con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2000, efectuarase dentro do primeiro trimestre de 2001 e servirá de base de cálculo para o incremento salarial deste ano.

3. Aproba-la táboa salarial provisional para o ano 2001, que se achega como anexo II, procedendo a efectuar un incremento salarial do 2,5%, de conformidade co previsto no artigo 26 do convenio colectivo vixente.

4. Remitirlle á Delegación Provincial de Traballo copias da acta e táboas salariais, para os efectos legais oportunos.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 20 horas do día arriba indicado, asinando os presentes esta acta, en proba de conformidade.

ANEXO I

Táboa definitiva de salarios ano 2000

Categoría profesionalSalario

base

Compl.

transporte

Total

mensual

Total

anual

Grupo primeiro

Persoal técnico titulado

Titulado grao superior119.87310.569130.4421.956.630

Biólogo119.87310.569130.4421.956.630

Veterinario119.87310.569130.4421.956.630

Titulado grao medio105.27310.569115.8421.737.630

Encar. laboratorio105.27310.569115.8421.737.630

Grupo segundo

Persoal mercantil non

titulado

Encargado establecemento105.27310.569115.8421.737.630

Oficial empacador/a96.41010.569106.9791.604.685

Categoría profesionalSalario

base

Compl.

transporte

Total

mensual

Total

anual

Fileteador/a96.41010.569106.9791.604.685

Empacador/a92.73010.569103.2991.549.485

Almaceneiro92.73010.569103.2991.549.485

Aprendiz de empacador79.71910.56990.2881.354.320

Comprador105.27310.569115.8421.737.630

Conductor96.41010.569106.9791.604.685

Grupo terceiro

Persoal administrativo

Oficial administrativo92.77310.569103.3421.550.130

Contable92.77310.569103.3421.550.130

Auxiliar administrativo87.93610.56998.5051.477.575

Comercial87.93610.56998.5051.477.575

Promotor vendas87.93610.56998.5051.477.575

Analista informático87.93610.56998.5051.477.575

Aspirante79.71910.56990.2881.354.320

ANEXO II

Táboa provisional de salarios ano 2001

Categoría profesionalSalario

base

Compl.

transporte

Total

mensual

Total

anual

Grupo primeiro

Persoal técnico titulado

Titulado grao superior122.87010.833133.7032.005.545

Biólogo122.87010.833133.7032.005.545

Veterinario122.87010.833133.7032.005.545

Titulado grao medio107.90510.833118.7381.780.950

Encar. laboratorio107.90510.833118.7381.780.950

Grupo segundo

Persoal mercantil non

titulado

Encargado establecemento107.90510.833118.7381.780.950

Oficial empacador/a98.82010.833109.6531.644.795

Fileteador/a98.82010.833109.6531.644.795

Empacador/a95.04810.833105.8811.588.215

Almaceneiro95.04810.833105.8811.588.215

Aprendiz de empacador81.71210.83392.5451.388.175

Comprador107.90510.833118.7381.780.950

Conductor98.82010.833109.6531.644.795

Grupo terceiro

Persoal administrativo

Oficial administrativo95.09210.833105.9251.588.875

Contable95.09210.833105.9251.588.875

Auxiliar administrativo90.13410.833100.9671.514.505

Comercial90.13410.833100.9671.514.505

Promotor vendas90.13410.833100.9671.514.505

Analista informático90.13410.833100.9671.514.505

Aspirante81.71210.83392.5451.388.175