Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.027

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de febreiro de 2001 pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-las probas selectivas para cubrir, mediante nomeamento de persoal interino, 2 postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía de información, 14 postos de traballo do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), analista programador, e 13 postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 13 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro).

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 49, do 9 de marzo de 2001, cómpre efectua-la seguinte rectificación:

Na páxina 3.010, columna da dereita, no tribunal do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, no parágrafo de vocais, onde di: «Enrique Delgado Barrio, en representación das organizacións sindicais», debe dicir: «Enrique Delgado Garrido, en representación das organizacións sindicais».