Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.027

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de abril de 2001 pola que se procede a executa-la sentencia 287/1999 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, dictada no procedemento 435/1999 e se adxudica destino definitivo a Elena Blanco Martínez e Carmen Prieto Vigo, oficiais 2ª de cociña (grupo IV, categoría 5).

Visto polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña os autos nº 435/1999, tramitados pola vía procedemental correspondente ó procedemento abreviado, promovidos por Mª Elena Blanco Martínez, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 1 de decembro de 1998, pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 5 (oficial 2ª cociña // cociñeiro/a oficial 2ª), correspondente ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG do 11-12-1998), dictou a sentencia nº 287/1999,

«Decido: que procede, de conformidade co teor dos artigos 68.1º b) e 2º; 70.2º e 71.1º a); b) e c) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, estimar sequera

parcialmente aquel recurso contencioso-administrativo e, en consecuencia, declara-la anulabilidade e deixar sen efecto a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG 239/1998), do conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, no que atinxe só ó proceso selectivo antes sinalado para acceso á categoría 5 (oficial 2º cociña-cociñeiro oficial 2º), de acceso libre correspondente ó grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, procedendo, en consecuencia, á retroacción do referido proceso selectivo-concursal á fase de valoración de méritos, e debendo o tribunal cualificador que consta en autos ponderar exteriorizada e motivadamente a respectiva experiencia profesional das persoas físicas agora contrapartes e daqueloutras persoas outrora concorrentes conforme os documentos entón existentes no expediente; permanecen, polo demais, inalteradas aqueloutras notas 1 e 2 referentes á outra diferenciada fase selectiva, nunca cuestionada, procedendo o correspondente órgano

administrativo-cualificador e, por tanto, a Administración autonómica a respectiva, específica e motivada valoración final correspondente a aquel prazo de tres (3) meses, contados desde a notificación da presente sentencia e desde que sexa firme; non cabe especial pronunciamento en materia de custas».

O día 1 de marzo de 2000, o director xeral da Función Pública dispuxo a execución da dita sentencia firme, nos seus propios termos, en virtude do previsto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Tralas actuacións realizadas na execución de sentencia, en providencia do 28 de decembro de 2000, o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña di:

«... acorda o reescalafonamento daquela promovente Elena Blanco Martínez ó térselle computado, finalmente, un total de vinte con douscentos sesenta (20,260) puntos no proceso concursal de autos para ingreso na categoría 5-oficial 2ª cociñeira-cociñeiro oficial 2ª -grupo IV, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, por serlle computados os seus correspondentes méritos e historial profesional polo órgano administrativo avaliador reunido para o efecto», ordena que se:

«... proceda ó reescalafonamento da dita promovente e do outro persoal afectado polas presentes resultas xudiciais conforme a puntuación outorgada finalmente...».

Como consecuencia, publicouse unha nova relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 5 (oficial 2ª cociña...) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, na que se recollían as alteracións provocadas pola execución da sentencia citada, outorgándolle a Elena Blanco Martínez un total de 20,260 puntos, modificándose correlativamente a orde de prelación dos aspirantes con menor puntuación total no devandito proceso selectivo.

Tendo en conta o anterior, a Dirección Xeral da Función Pública convocou a Elena Blanco Martínez a un novo acto de elección de destino e elixiu o posto ED. C99.40.101.36170.001 o cal fora adxudicado a Mª del Carmen Prieto Vigo pola Orde do 6 de maio de 1999 (DOG nº 91 do 13 de maio) que á súa vez elixiu o posto co código ED. C99.40.101.36180.001.

Polo tanto, en virtude do exposto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Adxudicarlles a Elena Blanco Martínez e a Carmen Prieto Vigo como destino definitivo os postos que a continuación se relacionan:

Nome DNI Código Denominación Destino

Elena Blanco Martínez35.314.371ED.C99.40.101.36170.001OFICIAL 2º COCIÑACOLEXIO PÚBLICO DE CODESEDA (A Estrada)

Carmen Prieto Vigo76.869.619ED.C99.40.101.36180.001OFICIAL 2º COCIÑACOLEXIO PÚBLICO NOSA SRA. DAS DORES (Forcarei)

Segundo.-As interesadas deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo previsto no artigo 13 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderase formular reclamación administrativa previa á vía xudicial laboral, perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública