Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de mobles de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo fabricantes de mobles de Ourense (código de convenio 3200185, publicado BOP nº 135, do 14-6-2000), acordando a revisión salarial e o axuste da xornada para o ano 2001, con entrada nesta delegación provincial o día 19-3-2001, subscrito con data 6-3-2001 polos membros da comisión paritaria do citado convenio, en representación das empresas e dos traballadores do sector, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica es ocial da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta

En Ourense, ás 20 horas do día 6 de marzo de 2001, reúnense na primeira planta do edificio AISS a comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de mobles de Ourense, co obxecto de toma-los seguintes acordos:

1. Proceder á actualización das táboas salariais, de conformidade co establecido na disposición adicional terceira do convenio colectivo de 2000, e,

en consecuencia, aplicar un 1,8% sobre as táboas de 2000, que é a diferencia entre o 4% que foi o IPC resultante o 31 de decembro de 2000, e o 2,02% sinalado na dita disposición adicional, polo que resultan as táboas que se sinalan na folla anexa.

2. Fixa-los días libres para este ano 2001, que en aplicación da xornada anual de 1.780 horas supón o desfrute de cinco días e medio aboables e non recuperables, sinalándose para o efecto os seguintes:

17 de maio, 2 de novembro, 7, 24 e 31 de decembro, e media xornada do día 18 de maio de 2001. E todo iso sen prexuízo de que se fixen outros días distintos por acordo entre a empresa e os seus traballadores.

Por parte das asociacións de fabricantes de mobles e fabricantes de mobles de cociña e as centrais sindicais UGT e CC.OO., acórdase deixar en suspenso a negociación do convenio, mentres non se saiba o que se acordou a nivel nacional no Acordo xeral da madeira que se está negociando en Madrid, sinalándose en calquera caso como data tope a do día 16 de abril de 2001, para volverse reuni-la comisión negociadora.

A CIG manifesta que non está de acordo coa dita suspensión ó entender que o que se está negociando en Madrid non xustifica a suspensión das negociacións do convenio provincial.

E non tendo máis que tratar, levántase a sesión ás 20.30 horas do día anteriormente sinalado, asinándose para o efecto a correspondente acta.

Revisión de táboas do convenio de mobles de Ourense

CategoríaSalario base

2000

Revisión

IPC 1,8%

Táboas

actualizadas

Peón99.8031.796101.599

Axudante108.6061.955110.561

Oficial de 2ª111.3232.004113.327

Oficial de 1ª111.7172.011113.728

Encargado114.3912.059116.450

Auxiliar administrativo110.1031.982112.085

Administrativo de 2ª111.3232.004113.327

Administrativo de 2ª111.7172.011113.728