Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.023

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no, Diario Oficial de Galicia, da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de ataúdes de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de ataúdes de Ourense (código de convenio 3200045, publicado BOP nº 106, do 10-5-2000), acordando a revisión salarial e o axuste da xornada para o ano 2001, con entrada nesta delegación provincial o día 7-3-2001, subscrito con data do 20-2-2001 polos membros da comisión paritaria do citado convenio, en representación das empresas e dos traballadores do sector, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, e demais normas aplicables de dereito común,

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primero.-Ordena-la inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta

delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta

En Ourense, ás 16.30 horas do día 20 de febreiro de 2001, reúnense nos locais da CIG, a comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de ataúdes de Ourense, co obxecto de toma-los seguintes acordos:

1. Proceder á actualización das táboas salariais de conformidade co establecido na disposición adicional terceira do convenio colectivo de 2000, e, en consecuencia, aplicar un 1,8 %sobre as táboas de 2000, que é a diferencia entre o 4% que foi o IPC resultante o 31 de decembro de 2000 e o 2,02% sinalado na dita disposición adicional, polo que resultan as seguintes táboas:

Encargado xeral127.702 pesetas

Encargado de producción127.702 pesetas

Oficial trazador127.702 pesetas

Oficial de primeira125.535 pesetas

Oficial de segunda124.083 pesetas

Axudante119.897 pesetas

Peón especialista118.984 pesetas

Peón118.676 pesetas

Pulimentador125.535 pesetas

Terminador125.535 pesetas

Menores de 18 anos79.599 pesetas

Conductor de primeira125.535 pesetas

Conductor de segunda124.083 pesetas

Garda ou vixilante118.984 pesetas

2. Fixa-los días libres para este ano 2001, que en aplicación da xornada anual de 1.780 horas supón o desfrute de catro días e medio aboables e non recuperables, sinalándose para o efecto os seguintes:

17 de maio, 7, 24 e 31 de decembro e a tarde do día 2 de novembro de 2001, e todo iso sen prexuízo de que se fixen outros días distintos por acordo entre empresa e traballadores.

Por parte da Asociación de Fabricantes de Ataúdes e os sindicatos UGT e CC.OO. acórdase deixar en suspenso a negociación do convenio, mentres non se saiba o que se acordou a nivel nacional no Acordo xeral da madeira que se está negociando en Madrid, sinalándose en calquera caso como data tope a do día 16 de abril de 2001 para volverse reuni-la comisión negociadora.

A CIG manifesta que non está de acordo coa dita suspensión ó entender que o que se está negociando

en Madrid non xustifica a suspensión das negociacións do convenio provincial.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.

Rubricado