Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.023

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 17 de abril de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto asinado pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO, UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE, sobre selección temporal de determinados postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e Administración sanitaria con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 83, do 2 de maio de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 6.952, no punto II.B.c), no referente á duración, onde di: «Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.», debe dicir: «De 1 a 20 horas: 0,011 puntos por hora».