Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.901

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 17 de abril de 2001 pola que se exclúen do Catálogo de Montes de Utilidade Pública varios montes da provincia de Lugo.

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e á vista do disposto no artigo 13 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública, por ter quedado firme as resolucións do Xurado Provincial de Montes que os clasifican como veciñais en man común, os seguintes:

Número: 72.

Concello: Ribas de Sil.

Nome: Teixeira.

Pertenza: parroquia de Ribas de Sil.

Límites.

Norte: con propiedades particulares.

Leste: con propiedades particulares.

Sur: con monte público A Moá.

Oeste: con propiedades particulares.

Especie: Queiroga.

Cabida total: 230 hectáreas.

Cabida forestal: 230 hectáreas.

Número: 56-C.

Concello: Monforte de Lemos.

Nome: Serra Xunqueira e agregados, Serra de Vilamaior e Monte Marexe.

Pertenenza: parroquia de Fiolleda.

Límites.

Norte: monte e propiedades de Martín.

Leste: propiedades de Martín e lugar de Marexe.

Sur: propiedades de Marexe e Vilamaior.

Oeste: propiedades de San Mamede e monte Serra de Couso de Ousende.

Especie: carpaza e carqueixa.

Cabida total: 150 hectáreas.

Cabida forestal: 150 hectáreas.

Número: 73.

Concello: Ribas de Sil.

Nome: vales de Figueiredo.

Pertenenza: parroquia de Figueiredo.

Límites.

Norte: con propiedades particulares.

Leste: con propiedades particulares.

Sur: con propiedades particulares.

Oeste: coa provincia de Ourense.

Especie: queiroga.

Cabida total: 120 hectáreas.

Cabida forestal: 120 hectáreas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e en contra dela poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente