Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.902

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 10 de abril de 2001 polo que se notifica a resolución da reclamación económico-administrativa 1620-OU 00/7 interposta por Transportes Rimán, S.L.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da resolución corresponte á reclamación económico-administrativa interposta por Ricardo Vázquez Álvarez en representación de Transportes Rimán, S.L. (domicilio de notificacións: Curros Enríquez, 37-1º, 32500 O Carballiño-Ourense), procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do R.D. 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas.

De acordo co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase que, na reunión de data 14 de decembro de 2000, o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia desestimou a reclamación nº 1620-OU 00/7 interposta por Ricardo Vázquez Álvarez en representación de Transportes Rimán, S.L. Esta resolución estará á disposición do interesado nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos).

Esta resolución esgota a vía económico-administrativa, e contra ela poderá interpor recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2001.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do Tribunal Económico-Administrativo

da Comunidade Autónoma de Galicia