Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.828

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se convocan para vinculación temporal dúas prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral do persoal de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

No pacto subscrito entre a Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CC.OO, UXT, CESM-SATSE e CSI-CSIF publicado no Diario Oficial de Galicia nº 128, do 6 de xullo de 1998, sobre prevención de riscos laborais, contémplase a configuración do Servicio de Prevención de Riscos Laborais do persoal de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde como servicio central do devandito organismo.

Creado o referido servicio de prevención, procedeuse á selección dos profesionais con formación nas catro especialidades previstas no pacto. Na actualidade están vinculados profesionais de dúas especialidades, decla

rándose vacantes as prazas das especialidades de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

Co obxecto de acada-lo pleno funcionamento do servicio con tódolos profesionais das catro especialidades, cómpre facer unha nova convocatoria de selección.

Xa que logo, trala negociación coas organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Negociación de Persoal de Institucións Sanitarias do Sergas de conformidade coas atribucións conferidas a este centro directivo nos artigos 19 e seguintes do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas e no artigo 4 da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos servicios centrais e periféricos do Sergas, esta división

RESOLVE:

1º Anuncia-la vindeira cobertura con carácter temporal e vínculo interino en praza vacante, en réxime xurídico de persoal estatutario, das categorías que se detallan, para desenvolve-las funcións de nivel superior en materia de prevención de riscos laborais, no Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral do Sergas, con sede en Santiago de Compostela.

-Un técnico superior, titulado universitario e con formación na especialidade da área de hixiene industrial, formación acreditada segundo o disposto no anexo VI do Real decreto do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior. (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27; e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104).

-Un técnico superior, con titulación universitaria e con formación na especialidade da área de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, formación acreditada segundo o disposto no anexo VI do Real decreto do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior. (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27; e BOE do 1 de maio de 1998 nº 104).

2º As retribucións que pericibirán os aspirantes que resulten seleccionados serán as correspondentes á categoría de técnico superior non sanitario. A fixación das contías reflíctense nos orzamentos anuais correspondentes ó persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas.

A xornada que van desenvolve-los aspirantes que resulten seleccionados será a asignada ó persoal estatutario da mesma categoría, segundo a normativa aplicable ó persoal de institucións sanitarias do Sergas.

Os aspirantes que resulten seleccionados serán sometidos a un período de proba de seis meses de duración, de acordo co contido do artigo 5 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de xullo de 1997 pola que se regulamentan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde. Durante a vixencia do período da proba, as partes poderán desistir libremente da vinculación, en comunicación escrita, sen alegación de causa e dereito a indemnización ningunha por tal motivo.

3º Para tal fin, convócanse os aspirantes interesados para que, no prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario

Oficial de Galicia, presenten a súa solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I, e achegen con ela os xustificantes suficientemente acreditativos tanto dos requisitos esixidos coma dos méritos alegados. Fóra deste prazo non será admitida a presentación de documento ningún que se refira ós mentados.

4º As solicitudes serán dirixidas ó director xeral da División de Asistencia Sanitaria, e deberán presentarse, preferentemente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela. Presenta-la solicitude resulta requisito imprescindible para adquiri-la condición de aspirante.

5º Para ser admitidos ó proceso selectivo, os aspirantes deberán acredita-la nacionalidade española ou dun país da Unión Europea ou, de se-lo caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España. Así mesmo deberán cumpri-los requisitos que se esixen en cada un dos anexos II e III para cada unha das prazas. De non acredita-los anteditos requisitos, o aspirante será excluído do proceso de selección.

6º Para a selección dos aspirantes admitidos, procederase á baremación dos méritos alegados e suficientemente acreditados, de conformidade cos criterios que se determinan nos anexos II e III para cada unha das prazas.

Os aspirantes admitidos serán convocados para unha entrevista persoal na que se expoñerá de xeito oral a memoria e o proxecto requiridos nos anexos II e III ante a comisión de baremación.

7ª Para a selección dos profesionais constituirase unha comisión de baremación para cada unha das categorías obxecto da convocatoria, composta por cinco membros; designados un deles polas organizacións sindicais asinantes do pacto de prevención de riscos laborais e saúde laboral, e os outros catro polo órgano convocante.

8ª Rematado o proceso, publicaranse pola orde de puntuación, os candidatos elixidos, nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral do Sergas, das súas direccións provinciais e das xerencias das institucións sanitarias dependentes delas. Poderá declararse deserta a convocatoria de non existir candidato idóneo de acordo co perfil establecido.

9ª Os aspirantes interesados poderán formular no prazo de 10 días, a partir do seguinte á data de publicación dos candidatos elixidos, reclamación perante a División de Recursos Humanos. Trala análise e resolución das reclamacións presentadas, publicarase a lista definitiva.

10ª Dos aspirantes seleccionados vincularase o que acade a maior puntuación. No período dun ano desde a convocatoria, en caso de renuncia ou doutra causa pola que se declare vacante a praza, o órgano convocante poderá acordar ben a selección do seguinte aspirante de acordo co seu número de orde ou ben formalizar unha nova convocatoria.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO II

BAREMO DE MÉRITOS PARA A SELECCIÓN DUN TÉCNICO EN HIXIENE INDUSTRIAL PARA OCUPAR TEMPORALMENTE CON VÍNCULO INTERINO A PRAZA DE TÉCNICO EN HIXIENE INDUSTRIAL NO SERVICIO CENTRAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E SAÚDE LABORAL DO SERGAS

Requisitos.

1. Titulado universitario. (Licenciado ou diplomado).

2. Formación acreditada na especialidade da Área de Hixiene Industrial segundo o anexo VI do real decreto de servicios de preveanción do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior. (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27 e BOE do 1 de maio de 1998, nº 104).

Baremo de méritos.

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste epígrafe será de 3,5 puntos:

1ª Estudios licenciatura ou diplomatura:

Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

2ª Postgrao:

Exame de grao (licenciatura): 1 punto.

Os aspirantes que teñan o título de doutor: 2 puntos.

II. Titulacións específicas.

Pola posesión das titulacións específicas seguintes cun máximo de puntuación neste epígrafe de 5 puntos:

A. Licenciado en ciencias físicas: 5 puntos.

B. Licenciado en química: 5 puntos.

C. Licenciado en farmacia: 5 puntos.

D. Licenciado en bioloxía: 5 puntos.

E. Enxeñeiro técnico químico: 3 puntos.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste epígrafe será de 15 puntos.

1. Servicios prestados como técnico na especialidade na área de prevención de riscos e saúde laboral en institucións sanitarias públicas ou privadas (exclúense os servicios prestados como docente).

2. Servicios prestados en empresas doutros ámbitos como técnico na especialidade na área de prevención de riscos e saúde laboral (exclúense os servicios prestados como docente).

3. Servicios prestados noutra especialidade de prevención de riscos laborais nas institucións sanitarias públicas ou privadas.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada epígrafe en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados ou funcións desenvoltas, o perfil do posto requirido, e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

IV. Formación continuada.

1. Pola asistencia debidamente acreditada a cursos en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Máximo: 8 puntos.

Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

Cada 40 horas: 0,1 puntos.

2º Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, cun máximo de 2 puntos:

Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

V. Entrevista.

Serán convocados para realiza-la entrevista o número de aspirantes acordados no seo da comisión de baremación, determinados pola orde de puntuación que resulte dos méritos segundo o baremo recollido neste anexo.

Presentarase de xeito oral ante a comisión de baremación unha memoria ou proposta na que se exporán, sucintamente, os obxectivos de actividade dun técnico superior en hixiene industrial no ámbito do Servicio Central de Prevención das institucións sanitarias. Así mesmo, deberán expoñer un proxecto que ten que desenvolver como técnico dese servicio. A exposición terá unha duración máxima de 30 minutos. Nela valoraranse os coñecementos do aspirante sobre a organización e esctructura do Sergas e dos órganos de prevención de riscos, as funcións que ten que desenvolver no servicio central e servicios periféricos, así como as competencias profesionais para o desempeño do posto.

Os técnicos da comisión de baremación poderán formular preguntas de coñecementos técnicos da especialidade.

A entrevista será valorada de 0 a 10 puntos. Os aspirantes que non superen a puntuación de 5 serán excluídos do proceso de selección por non superación desta fase.

VI. Coñecementos da lingua galega.

A puntuación máxima deste epígrafe será de 1,5 puntos.

1º Pola realización do curso de iniciación á lingua galega: 0,5 puntos.

2º Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5 puntos.

ANEXO III

REQUISITOS E BAREMO DE MÉRITOS PARA A SELECCIÓN DE UN TÉCNICO EN ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA PARA OCUPAR TEMPORALMENTE CON VÍNCULO INTERINO A PRAZA DE TÉCNICO EN ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA NO SERVICIO CENTRAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E SAÚDE LABORAL DO SERGAS

Requisitos.

1. Titulado universitario. (Licenciado ou diplomado).

2. Formación acreditada na especialidade da Área de Ergonomía e Psicosocioloxía segundo o anexo VI do real decreto de servicios de prevención do 17 de xaneiro de 1997 e Real decreto 780/1998, do 30 de abril, polo que se modifica o anterior (BOE do 31 de xaneiro de 1997, nº 27 e BOE do 1 de maio de 1998, nº 104).

Baremo méritos.

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste epígrafe será de 3,5 puntos:

1ª Estudios licenciatura ou diplomatura:

Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

2ª Posgrao:

Exame de grao (licenciatura): 1 punto.

Os aspirantes que teñan o título de doutor: 2 puntos.

II. Titulacións específicas.

Pola posesión das titulacións específicas seguintes cun máximo de puntuación neste epígrafe de 5 puntos:

A. Licenciado en psiquiatría: 5 puntos.

B. Licenciado en psicoloxía: 5 puntos.

C. Licenciado en socioloxía: 5 puntos.

D. Diplomado en fisioterapia: 3 puntos.

E. Diplomado en enfermería: 3 puntos.

II. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste epígrafe será de 15 puntos.

1. Servicios prestados como técnico na especialidade na área de prevención de riscos e saúde laboral en institucións sanitarias públicas ou privadas: (exclúense os servicios prestados como docente).

2. Servicios prestados en empresas doutros ámbitos como técnico na especialidade na área de prevención de riscos e saúde laboral (exclúense os servicios prestados como docente).

3. Servicios prestados noutra especialidade de prevención de riscos laborais nas institucións sanitarias públicas ou privadas.

A comisión de baremación asignará a puntuación que corresponda a cada epígrafe en función de criterios obxectivos relacionados co contido dos servicios prestados na materia ou funcións desenvoltas, o perfil do posto requirido, e a duración do vínculo. A puntuación que se outorgue deberá ser motivada.

III. Formación continuada.

Pola asistencia debidamente acreditada a cursos relacionados coa materia de prevención de riscos e saúde laboral: puntuación máxima de 8 puntos.

1º A puntuación máxima neste apartado será de 8 puntos.

Duración de 20 a 40 horas: 0,1 puntos.

Cada 40 horas: 0,1 puntos.

2º Polas actividades docentes, debidamente xustificadas, en cursos de formación sobre materias relacionadas coa actividade dos servicios de prevención de riscos profesionais a partir de 10 horas lectivas, cun máximo de 2 puntos:

Cada 10 horas lectivas: 0,5 puntos.

IV. Entrevista sobre a memoria e o proxecto.

Serán convocados para realiza-la entrevista o número de aspirantes acordados no seo da comisión de baremación, determinados pola orde de puntuación que resulte dos méritos segundo o baremo recollido neste anexo.

Presentarase de xeito oral ante a comisión de baremación unha memoria ou proposta na que se exporán, sucintamente, os obxectivos de actividade dun técnico superior en ergonomía e psicosocioloxía aplicada no ámbito do Servicio Central de Prevención das institucións sanitarias. Así mesmo, deberán expoñer un proxecto que hai que desenvolver como técnico dese servicio. A exposición terá unha duración máxima de 30 minutos. Nela valoraranse os coñecementos do aspirante sobre a organización e esctructura do Sergas e dos órganos de prevención de riscos, as funcións que hai que desenvolver no servicio central e servicios periféricos, así como as competencias profesionais para o desempeño do posto.

Os técnicos da comisión de baremación poderán formular preguntas de coñecementos técnicos da especialidade.

A entrevista será valorada de 0 a 10 puntos. Os aspirantes que non superen a puntuación de 5 serán excluídos do proceso de selección por non superación desta fase.

V. Coñecaementos da lingua galega.

A puntuación máxima deste punto será de 1,5 puntos.

1º Pola realización do curso de iniciación á lingua galega: 0,5 puntos.

2º Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5 puntos.