Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.832

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de postos que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes da segunda fase do concurso de traslados convocado por Resolución do 29 de xaneiro de 2001, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios.

O punto 1 da base décima da Resolución do 29 de xaneiro de 2001 (DOG nº 26, do 6 de febreiro), pola que se convoca concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, dispón que unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva da primeira fase do concurso, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde dictará resolución mediante a que se dará a oportuna publicidade ós postos vacantes que se ofertarán nesta fase da convocatoria, e citará a tódolos aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), modificada pola Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), para que en único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo

pola orde de puntuación final do dito proceso selectivo na clase correspondente, con preferencia a prol dos aspirantes que, de se-lo caso, accedesen pola quenda de promoción interna.

Por todo isto, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos vacantes que se ofertan na segunda fase do concurso de traslados convocado pola Resolución do 29 de xaneiro

de 2001 ós aspirantes seleccionados no citado concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, que se inclúen no anexo desta resolución.

Segundo.-Convocar a tódolos aspirantes para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo, pola orde de puntuación final do respectivo concurso-oposición, con preferencia a prol dos aspirantes que, de se-lo caso, accedesen polo sistema de promoción interna, que terá lugar o vindeiro día 7 de maio, na sede da División de Recursos Humanos do Sergas, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, ás once horas para as clases de inspección farmacéutica e subinspección sanitaria, e ás once trinta horas para a clase de inspección médica.

Terceiro.-A solicitude será vinculante e irrenunciable. Os interesados deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade. Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

Para este efecto terán a consideración de poder suficiente os poderes notariais ou os poderes outorgados con carácter previo ó acto de elección de destino ante a División de Recursos Humanos do Sergas, mediante comparecencia expresa do poderdante e do apoderado.

Non obstante o disposto nos parágrafos anteriores, non estarán obrigados a elixir destino definitivo nesta fase do concurso os funcionarios de novo ingreso que se atopen desempeñando un posto de traballo de libre designación a través da correspondente convocatoria pública, nin os que, sendo tamén de novo ingreso se atopen na situación de excedencia voluntaria prevista no artigo 55.1º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

Vacantes 2ª fase do concurso

A) Inspectores médicos

ORDE

CÓDIGO DO POSTO DENOMINACIÓN DO POSTONIVELGRUPO CENTRO DE DESTINO LOCALIDADE

1SGS991000715001024INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALCORUÑA, A
2SGS991000715001025INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALCORUÑA, A
3SGS991000715001026INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALCORUÑA, A
4SGS991000715001027INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALCORUÑA, A
5SGS991000715001028INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALCORUÑA, A
6SGS991010115350001INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIAFERROL
7SGS991010115350002INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIAFERROL
8SGS991000727001010INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALLUGO
9SGS991000727001011INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALLUGO
10SGS991000727001012INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALLUGO
11SGS991000727001013INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALLUGO
12SGS991000727001014INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALLUGO
13SGS991010127085001INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIABURELA
14SGS991010127085002INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIABURELA
15SGS991010127300001INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIAMONFORTE DE LEMOS
16SGS991000732001010INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE
17SGS991000732001012INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE
18SGS991000732001013INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE
19SGS991000732001014INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE

ORDE

CÓDIGO DO POSTO DENOMINACIÓN DO POSTONIVELGRUPO CENTRO DE DESTINO LOCALIDADE

20SGS991000732001015INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE
21SGS991000736560017INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALVIGO
22SGS991000736560022INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALVIGO
23SGS991000736560023INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALVIGO
24SGS991000736560024INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALVIGO
25SGS991000736560027INSPECTOR MÉDICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALVIGO
26SGS991010136001001INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIAPONTEVEDRA
27SGS991010136001003INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIAPONTEVEDRA
28SGS991010136001004INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIAPONTEVEDRA
29SGS991010136590002INSPECTOR MÉDICO26AINSPECCIÓN SANITARIAVILAGARCÍA DE AROUSA

B) Inspectores farmacéuticos

ORDE

CÓDIGO DO POSTO DENOMINACIÓN DO POSTONIVELGRUPO CENTRO DE DESTINO LOCALIDADE

1SGS991000732001020INSPECTOR FARMACÉUTICO26ADIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE

C) Subinspectores sanitarios

ORDE

CÓDIGO DO POSTO DENOMINACIÓN DO POSTONIVELGRUPO CENTRO DE DESTINO LOCALIDADE

1SGS991000715001036SUBINSPECTOR SANITARIO20BDIRECCIÓN PROVINCIALCORUÑA, A
2SGS991000715001041SUBINSPECTOR SANITARIO20BDIRECCIÓN PROVINCIALCORUÑA, A
3SGS991000715001042SUBINSPECTOR SANITARIO20BDIRECCIÓN PROVINCIALCORUÑA, A
4SGS991010115350006SUBINSPECTOR SANITARIO20BINSPECCIÓN SANITARIAFERROL
5SGS991000727001023SUBINSPECTOR SANITARIO20BDIRECCIÓN PROVINCIALLUGO
6SGS991010127085004SUBINSPECTOR SANITARIO20BINSPECCIÓN SANITARIABURELA
7SGS991010127300004SUBINSPECTOR SANITARIO20BINSPECCIÓN SANITARIAMONFORTE DE LEMOS
8SGS991000732001027SUBINSPECTOR SANITARIO20BDIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE
9SGS991000736560049SUBINSPECTOR SANITARIO20BDIRECCIÓN PROVINCIALVIGO
10SGS991010136001008SUBINSPECTOR SANITARIO20BINSPECCIÓN SANITARIAPONTEVEDRA
11SGS991010136001009SUBINSPECTOR SANITARIO20BINSPECCIÓN SANITARIAPONTEVEDRA