Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2000 pola que se procede á retirada de recoñecemento como organización de productores á Organización de Productores Asociación Profesional dos Pescadores do Cerco do Porto de Sada (OPP 24).

Á vista da documentación que consta no presente expediente.

Primeiro.-Con data 7 de decembro de 2000 remítese proposta de resolución de retirada de recoñecemento coma organización de productores á Organización de Productores Asociación Profesional dos Pescadores do Cerco do Porto de Sada (OPP 24), por non acada-la porcentaxe do 15% da producción autonómica nas especies de xurelo, cabala e anchoa e non cumprir ningún dos fins para os que foi recoñecida ó non empregar no seu beneficio os mecanismos de intervención no mercado cando existiu crise de prezos e de producción no sector.

Segundo.-O Real decreto 1189/1998, do 12 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 1429/1992, do 27 de novembro, polo que se regulan as organizacións de productores da pesca e as súas asociacións, establece na súa disposición adicional segunda:

«As organizacións de productores recoñecidas antes do 1 de xaneiro de 1995 deberán cumprir co establecido no Regulamento CE 2939/1994 modificado polo Regulamento CE 1762/1996 antes do 31 de decembro de 1999».

Terceiro.-O Regulamento CE 2939/1994 da comisión, do 2 de decembro, establecía no seu artigo 2 tres posibilidades para seren recoñecidas as organizacións de productores:

a) Que o número total de buques explotados por membros da organización representen coma mínimo o 20% do número total de buques establecidos na zona.

b) Que respecto da especie ou grupo de especie para a que se solicite o recoñecemento, a organización dispoña do 15% en peso, como mínimo, da cantidade total producida na zona.

c) Que respecto da especie ou grupo de especie para a que se solicite o recoñecemento, a organización dispoña do 30% en peso, como mínimo, da

producción total do porto ou mercado principal da zona; debendo neste segundo caso deberá designa-lo Estado membro os portos e mercados principais.

Cuarto.-Esta previsión é recollida tamén no Regulamento CE 1762/1996, do 11 de setembro, facendo unha ampliación á acuicultura, establecendo unha porcentaxe do 25% das cantidades totais producidas na zona e unha previsión de importante transcendencia para a cuestión que se está a estudiar.

No artigo 1.4º prevese que as organizacións de productores recoñecidas antes do 1 de xaneiro de 1995 deberán axustarse ás condicións establecidas no citado regulamento como moi tarde o 31 de decembro de 1999.

Polo tanto, da análise da normativa comunitaria, establécese claramente que as OOPP anteriores a dicta-la normativa do ano 1996 deberán axustarse ó disposto nesta última norma para poder mante-lo recoñecemento que viñan tendo ata eses momentos.

Quinto.-Entrando nunha análise da normativa estatal, e comezando polo Real decreto 1429/1992, do 27 de novembro, establecíase como criterio un volume de producción anual mínimo de peso desembarcado para mante-la condición de OOPP, fixando como ámbito xeográfico mínimo o da provincia.

Posteriormente, no ano 1998 dictouse un Real decreto 1189/1998, do 12 de xuño, que modifica a anterior normativa, establecéndose como zona mínima a Comunidade Autónoma e como criterio para mante-lo recoñecemento de OOPP o 15% do peso en producción de pesca da CC.AA. e do 25% do peso da acuicultura (marisqueo) da CC.AA.

Vista esta disposición, parece claro que cumprir eses requisitos de producción e porcentaxe fixados é obrigatorio para as organizacións xa existentes.

Así mesmo, e coma criterio que pode motiva-la a retirada de recoñecemento, está o non cumprimento dos fins para o que se lle foi outorgada a condición de organización de productores, que son os fins marcados no Regulamento CE 104/2000, polo que se establece unha nova organización común de mercados no sector dos productos da pesca e da acuicultura, e que se poderán resumir en garantir un exercicio racional da pesca, mellora-las condicións de venda da producción adaptando a oferta á demanda, estabilizar prezos, concentra-la oferta e emprega-los mecanismos de crise dos mercados e informar estatisticamente.

Sexto.-Determinados os aspectos legais que deben rexer e motiva-la retirada do recoñecemento como organización de productores, haberá que atende-las porcentaxes de producción desa organización de productores en concreto.

A Organización de Productores Asociación Profesional dos Pescadores do Cerco do Porto de Sada (OPP 24), e segundo os datos achegados no seu día a través do servicio de información pesqueira e os remitidos ó MAPA e á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, soamente acada en producción de sardiña a porcentaxe do 15% legalmente esta

blecida. Non obstante, deberase proceder á retirada do recoñecemento tamén nesa especie por non cumprir ningún dos fins para os que foi recoñecida, nin sequera empregou no seu beneficio os mecanismos de intervención no mercado cando existiu crise de prezos e de producción no sector.

Polo tanto e á vista destes datos e en exercicio da competencia legalmente establecida e que lle é propia e ante a falta de alegacións contra a proposta de resolución emítese a seguinte resolución:

Retira-lo recoñecemento coma organización de productores á Organización de Productores Asociación Profesional dos Pescadores de Cerco do Porto de Sada (OPP 24), por non acada-la porcentaxe do 15% da producción autonómica nas especies de xurelo, cabala e anchoa e non cumprir ningún dos fins para os que foi recoñecida ó non empregar no seu beneficio os mecanismos de intervención no mercado cando existiu crise de prezos e de producción no sector.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa recepción ante o xulgado da xurisdicción contencioso-administrativo competente, consonte o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura