Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 176/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007-A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Vimianzo-Peña Forcada-Camariñas (Vimianzo e Camariñas).

Liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, formando liña de dobre circuíto coa liña Vimianzo-Mesón do Vento a 220 kV, sobre torres metálicas en celosía e con conductor LA-455, desde o apoio nº 170 ó nº 176 de 2.291 m de lonxitude e en simple circuíto ata a subestación de Camariñas, que se vai instalar, entrando e saíndo da subestación de Pena Forcada, que tamén se vai instalar, sobre torres metálicas en celosía e con conductor LA-180, desde o apoio nº 170 da liña Vimianzo-Mesón do Vento ó apoio nº 50 da liña Vimianzo-Camariñas, de 13.955 m de lonxitude. Cable de fibra óptica/terra de 209 mm e capacidade máxima de fibras de 4.64 en todo o percorrido da liña eléctrica. Nos termos municipais de Vimianzo e Camariñas.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 2 de novembro, no BOP do 23 de outubro, no xornal La Voz de Galicia do día 24 de outubro e nos taboleiros de anuncios das casas dos concellos de Vimianzo e Camariñas, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B. da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das insalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 19 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña