Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN617A 00/844-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Bioetanol Galicia, S.A.

Domicilio social: Xeneral Martínez Campos, 15-5º, Madrid.

Denominación: planta de coxeración na fábrica de Bioetanol Galicia, S.A.

Situación: polígono de Teixeiro-Curtis (A Coruña).

Características técnicas: central de coxeración grupo d, composta polos seguintes elementos:

-Grupo turboxerador alimentado a gas natural cun alternador de 24.800 kVA e tensión de xeración 11 kV.

-Subestación eléctrica con transformador de 25.000 kVA e relación de transformación 11/66 kV.

-Liña eléctrica subterránea a 66 kV desde a subestación de Bioetanol ata a subestación de Teixeiro de Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Transformador de 2.500 kVA e relación de transformación 11/0,400-0,230 kV.

Elementos de control, regulación e interconexión eléctrica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña