Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Visto o acordo da revisión do convenio colectivo para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, asinado o día 5 de marzo de 2001, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (50%) e Fecoma-CC.OO. (50%), e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mencionado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Carlos García Vázquez.

Pedro González Sordo.

José Luis Castrillón López.

Por Fecoma-CC.OO.:

Jesús Varela Lodeiro.

J. Javier Enrique Simón.

Ramiro López Peruga.

Manuel Valín Ceide.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Silviano Pizarro Gómez.

Manuel Sánchez Varela.

José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, o 5 de marzo de 2001, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que anteriormente se citan, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo provincial de comercio de materiais de construcción e saneamento, (constituída o pasado día 22 de febreiro de 2001), para revisar e actualizar (segundo o artigo 6º), o convenio colectivo de construcción 1999-2001 asinado o 2 de novembro de 1999 (enmarcado dentro do acordo sectorial nacional e do convenio xeral do sector da construcción).

Aberta a sesión e logo dunha ampla deliberación,

ACORDAN:

1. Proceder á regularización das táboas do ano 2000 (o 31-12-2000) de acordo co previsto no artigo 8º do vixente convenio.

2. Aprobar por unanimidade as táboas para o ano 2001 e achégase a presente acta e as modificacións do convenio 1999-2001:

Artigo 7º.-Incremento económico.

Para o ano 2001 aplicarase un incremento do 2,40% (IPC máis 0,40) sobre os conceptos do salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais, extrasalariais e axudas de custo.

Artigo 8º.-Cláusula de garantía salarial ano 2001.

No suposto de que o incremento anual do IPC do 31 de decembro de 2001 supere o 2%, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º do presente convenio.

3. Pagamento de atrasos: os atrasos correspondentes desde o 1-1-2001 aboarase o mes seguinte ó da publicación das táboas salariais no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

4. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade os integrantes da comisión mixta deliberadora, asinan a presente acta no lugar e data expresados no encabezamento.

Rubricado

Convenio provincial de comercio de materiais de construcción e saneamento de Lugo

Táboa de retribucións

MensualAnual

Gratificacións

NiveisCategoríaSalario

base

Compl.

asist./

produc.

puntualidade

Compl.

extrasalarial

TotalVacaciónsXulloNadalTotal anualValor

hora

extraord.

IITitulado superior101.81431.63611.119144.569131.113158.515158.5152.038.4021.327

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc.

org. 1ª

101.71131.63611.112144.459131.113158.486158.4862.037.1341.217

MensualAnual

Gratificacións

NiveisCategoríaSalario

base

Compl.

asist./

produc.

puntualidade

Compl.

extrasalarial

TotalVacaciónsXulloNadalTotal anualValor

hora

extraord.

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado

xral. de fábrica, encargado xeral

101.50831.63611.098144.242131.113158.425158.4252.034.6251.117

VXefe administrativo de 2ª, delineante

superior, encargado xeral de obra, xefes

de sección de organización científica do

traballo de 2ª, xefe de compras

94.54530.28210.414135.241123.613149.030149.0301.909.3241.051

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe

ou encargado de taller, encargado de

sección de laboratorio, escultor de

pedra e mármore, práctico de topografía

de 1ª, técnico de organización,

encargado de obra

87.18327.9149.734124.831121.428144.990144.9901.784.5491.039

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización

de 2ª, práctico de topografía de 2ª,

analista de 1ª, viaxante, especialista de

oficio, capataz

86.96422.7169.312118.992117.060140.623140.6231.707.218996

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza,

inspector de control, sinalización e

servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de

oficio

86.84621.2889.204117.338116.500140.065140.0651.687.348984

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux.

organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª

de oficio

86.38011.2708.466106.116112.595136.158136.1581.552.187918

XAuxiliar de laboratorio, vixilante,

almaceneiro, enfermeiro, cobrador,

garda xuramentado, especialista de 1ª,

axudante de oficio

86.29210.5028.401105.195111.994135.557135.5571.540.253912

XIEspecialista de 2ª, peón especial86.24010.2778.381104.898111.816135.379135.3791.536.452910

XIILimpadora, peón ordinario85.8823.5157.88797.284109.570133.116133.1161.445.926857