Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.727

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o 22 de febreiro de 2001 pola comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Visto o texto do acordo asinado o día 22 de febreiro de 2001 pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (50%), FECOMA-CC.OO. (50%) e CIG (0%), mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2001 no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 26 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Carlos García Vázquez.

Pedro González Sordo.

José Luis Castrillón López.

Por FECOMA-CC.OO.:

Jesús Varela Lodeiro.

J. Javier Enrique Simón.

Ramiro López Peruga.

Manuel Valín Ceide.

Por CIG:

Ignacio Javier García Gómez.

Carmen Antas Pérez.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Silviano Pizarro Gómez.

José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, o 22 de febreiro de 2001, ás 17 horas, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do convenio provincial de comercio de materiais da construcción e saneamento, co obxecto de tratar sobre o calendario laboral para o ano 2001.

Despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Fixar como festivos do convenio para o ano 2001: 30 de abril, 17 de maio, 7 de decembro,

4 horas de tarde do día 24 de decembro, 4 horas de tarde do día 31 de decembro.

Segundo.-Ademais dos días sinalados como FC-8 no calendario adxunto, para adaptar á xornada de 1.756 horas anuais, os traballadores dispoñerán de 4,5 días de descanso de libre disposición por acordo entre a empresa e o traballador.

Terceiro.-Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade, os presentes integrantes da comisión negociadora asinan a presente acta, no lugar e data indicados no encabezamento.