Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de materiais e prefabricados da construcción.

Visto o acordo da revisión do convenio colectivo para o sector materiais e prefabricados da construcción (código 2700395), da provincia de Lugo, asinado o día 5 de marzo de 2001, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (44,1%) e Fecoma-CC.OO. (38,2%), e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mencionado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Carlos García Vázquez.

Pedro González Sordo.

Por Fecoma-CC.OO.:

Jesús Varela Lodeiro.

Evaristo Manuel Arias Álvarez.

José Antonio Cabo Martínez.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Silviano Pizarro Gómez.

Manuel Sánchez Varela.

José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, o 5 de marzo de 2001, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que anteriormente se citan, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo de materiais e prefabricados da construcción (constituída o pasado día 11 de decembro de 2000), para revisar e actualizar (segundo o artigo 6º) o convenio colectivo de construcción 1999-2001 asinado o 2 de novembro de 1999 (enmarcado dentro do acordo sectorial nacional e do convenio xeral do sector da construcción).

Aberta a sesión e logo dunha ampla deliberación,

ACORDAN:

1. Proceder á regularización das táboas do ano 2000 (o 31-12-2000) de acordo co previsto no artigo 7º do vixente convenio.

2. Aprobar por unanimidade as táboas para o ano 2001 que se xuntan á presente acta e as modificacións do convenio 1999-2001:

Artigo 6º.-Incremento económico.

Para o ano 2001 aplicarase un incremento do 2,40% (IPC máis 0,40) sobre os conceptos do salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais, extrasalariais e axudas de custo.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial do ano 2001.

No suposto de que o incremento anual do IPC do 31 de decembro de 2001 supere o 2%, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º do presente convenio.

Artigo 33º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos. No caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o

aboamento das axudas de custo e o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo. Establécese unha axuda de custo igual para tódalas categorías, o importe das cales se sinalan a continuación:

a) Axuda de custo completa 2.715 pesetas diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos.

b) Media axuda de custo: 1.360 pesetas diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos.

3. Pagamento de atrasos: os atrasos correspondentes desde o 1-1-2001 aboaranse ó mes seguinte da publicación das táboas salariais no BOP e no DOG.

4. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade os integrantes da comisión mixta deliberadora asinan a presente acta, no lugar e na data expresados no encabezamento.

Convenio provincial de materiais e prefabricados para a construcción de Lugo. Ano 2001

Táboa de retribucións

MensualAnual

Gratificacións

NiveisCategoríaSalario

base

Compl.

asist./

produc.

puntualidade

Compl.

extrasalarial

TotalVacaciónsXulloNadalTotal anualValor

hora

extraord.

IITitulado superior149.9306.21512.948169.093171.275171.275171.2752.373.8481.416

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc.

org. 1ª

126.60516.33411.762154.701151.543151.543151.5432.156.3401.101

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado

xral. de fábrica, encargado xeral

109.12422.51110.772142.407136.218136.218136.2181.975.1311.096

VXefe administrativo de 2ª, delineante

superior, encargado xeral de obra,

xefes de sección de organización

científica do traballo de 2ª, xefe de

compras

98.32229.70510.398138.425127.885127.885127.8851.906.3301.089

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe

ou encargado de taller, encargado de

sección de laboratorio, escultor de

pedra e mármore, práctico de topografía

de 1ª, técnico de organización,

encargado de obra

94.61629.50210.083134.201124.108124.108124.1081.848.5351.083

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización

de 2ª, práctico de topografía de 2ª,

analista de 1ª, viaxante, especialista de

oficio, capataz

91.84629.6199.863131.328121.208121.208121.2081.808.2321.067

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza,

inspector de control, sinalización e

servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de

oficio

91.61327.1799.676128.468120.271120.271120.2711.773.9611.034

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux.

organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª

de oficio

87.25525.3909.197121.842115.284115.284115.2841.686.1141.017

XAuxiliar de laboratorio, vixilante,

almaceneiro, enfermeiro, cobrador,

garda xuramentado, especialista de 1ª,

axudante de oficio

87.18323.8479.084120.114114.670114.670114.6701.665.264995

XIEspecialista de 2ª, peón especial87.15223.1389.032119.322114.404114.404114.4041.655.754979

XIILimpadora, peón ordinario86.92321.4008.892117.215113.672113.672113.6721.630.381935