Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.722

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da edificación e obras públicas.

Visto o acordo da revisión do convenio colectivo para o sector da edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, asinado o día 5 de marzo de 2001, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (48,4%) e Feco

ma-CC.OO. (27,7%), e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Carlos García Vázquez.

Pedro González Sordo.

Por Fecoma-CC.OO.:

Jesús Varela Lodeiro.

Evaristo Manuel Arias Álvarez.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Silviano Pizarro Gómez.

Manuel Sánchez Varela.

José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo o 5 de marzo de 2001, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se citan, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo de edificación e obras públicas (constituída o pasado día 11 de decembro de 2000), para revisar e actualizar (segundo o artigo 6º), o convenio colectivo de construcción 1999-2001 asinado o 2 de novembro de 1999 (enmarcado dentro do acordo sectorial nacional e do convenio xeral do sector da construcción).

Aberta a sesión e logo dunha ampla deliberación,

ACORDAN:

1. Proceder á regularización das táboas do ano 2000 (31-12-2000) de acordo co previsto no artigo 7º do vixente convenio.

2. Aprobar por unanimidade as táboas para o ano 2001 e achégase a presente acta e as modificacións do convenio 1999-2001:

Artigo 6º.-Incremento económico.

Para o ano 2001 aplicarase un incremento do 2,40% (IPC máis 0,40) sobre os conceptos do salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais, extrasalariais e axudas de custo.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial ano 2001.

No suposto de que o incremento anual do IPC do 31 de decembro de 2001 supere o 2%, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

A dita revisión, se é o caso, afectará ó conceptos previstos no artigo 6º do presente convenio.

Artigo 34º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos. No caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo e o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo. Establécese unha axuda de custo igual para tódalas categorías, o importe das cales se sinalan a continuación:

a) Axuda de custo completa 2.725 pesetas diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días.

2.300 pesetas diarias en desprazamentos do traballador para máis de tres días consecutivos.

b) Media axuda de custo 1.250 pesetas diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días.

1.100 pesetas diarias en desprazamentos do traballador con máis de tres días consecutivos.

3. Pagamento de atrasos: os atrasos correspondentes desde o 1 de xaneiro de 2001 aboarase ó mes seguinte da publicación das táboas salariais no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

4. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade os integrantes da comisión mixta deliberadora asinan a presente acta no lugar e na data expresados no encabezamento.

Convenio provincial de edificación e obras públicas de Lugo

Táboa de retribucións

MensualAnual

Gratificacións

NiveisCategoríaSalario

base

Compl.

asist./

produc.

puntualidade

Compl.

extrasalarial

TotalVacaciónsXulloNadalTotal anualValor

hora

extraord.

IITitulado superior95.98025.7599.985131.724127.256127.256127.2561.830.7321.586

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc.

org. 1ª

95.87625.7599.980131.615127.256127.256127.2561.829.5331.486

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado

xral. de fábrica, encargado xeral

95.77325.7599.972131.504127.256127.256127.2561.828.3121.438

VXefe administrativo de 2ª, delineante

superior, encargado xeral de obra, xefes

de sección de organización científica do

traballo de 2ª, xefe de compras

95.66825.7599.966131.393127.256127.256127.2561.827.0911.389

MensualAnual

Gratificacións

NiveisCategoríaSalario

base

Compl.

asist./

produc.

puntualidade

Compl.

extrasalarial

TotalVacaciónsXulloNadalTotal anualValor

hora

extraord.

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe

ou encargado de taller, encargado de

sección de laboratorio, escultor de

pedra e mármol, práctico de topografía

de 1ª, técnico de organización,

encargado de obra

95.59825.7599.961131.318127.256127.256127.2561.826.2661.341

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización

de 2ª, práctico de topografía de 2ª,

analista de 1ª, viaxante, especialista de

oficio, capataz

94.80124.5869.815129.202126.041126.041126.0411.799.3451.306

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza,

inspector de control, sinalización e

servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de

oficio

93.19622.8299.562125.587123.833123.833123.8331.752.9561.284

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux.

organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª

de oficio

92.37221.4519.398123.221122.531122.531122.5311.723.0241.142

XAuxiliar de laboratorio, vixilante,

almaceneiro, enfermeiro, cobrador,

garda xurado, especialista de 1ª,

axudante de oficio

91.46619.3829.181120.029120.917120.917120.9171.683.0701.058

XIEspecialista de 2ª, peón especial90.66818.2119.034117.913119.703119.703119.7031.656.1521.021

XIILimpadora, peón ordinario89.67717.0538.872115.602118.300118.300118.3001.626.5221.011