Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da incoación do procedemento sancionador en materia de defensa contra fraudes á calidade agroalimentaria ICA-OU-7/01-V.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei 25/1970, do 2 de decembro, Estatuto da viña, do viño e dos alcohois, do seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, e demais normativa complementaria de aplicación, posto que intentada a notificación, non se puido practicar.

Noméase instructor a Benjamín Dorrio Villamarín, funcionario desta delegación. O réxime de recusación da persoa designada é o establecido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, rúa Florentino López Cuevillas,

4-6 baixo, Ourense, e formula-las alegacións que estime convenientes.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución.

Ourense, 5 de marzo de 2001.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: ICA-OU-7/01-V.

Interesado: Pazo San José, S.L.

Último enderezo: r/ Progreso, 30-2 D, Valdepereira, Ribadavia (Ourense).

Data do acordo da incoación: 17-1-2001.

Feitos denunciados:

Defectos documentais: comercialización de cinco caixas de 12 botellas de 75 cl de viño de mesa tinto con mencións xeográficas e varietais non permitidas e unha razón social e rexistro de embotellador inexistentes.

Tipificación das infraccións:-Artigo 109 e 112 do Decreto 835/1972, do 23 de marzo.-Artigos 4.2.2, 4.2.11, 4.3.3, 4.3-7.1 e 10.1º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Sanción: multa de 1.000.000 de pesetas, do que 500.000 corresponden a sanción por clandestinidade que se aplica en grao superior por reincidente, e as 500.000 restantes por fraude.