Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001 pola que se lle outorga a Manuel Bouzón Fernández, S.L. permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños na dársena 3 do porto de Vigo, concello de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, apreciáronse os seguintes

A) Feitos:

Primeiro.-Mediante escrito do 22 de decembro de 2000, Manuela A. Lorenzo Lorenzo (DNI 36017798M), en representación de Manuel Bouzón Fernández, S.L. (CIF B36173375), solicitou permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, na dársena 3 do porto de Vigo, Vigo, provincia de Pontevedra.

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta que se realizaron os seguintes trámites:

-Anuncio de información pública.

-Informe técnico biolóxico.

-Informe urbanístico do Concello de Vigo.

-Informe sobre a ocupación do dominio público portuario estatal da Autoridade Portuaria de Vigo.

-Informe xurídico emitido polo Servicio Técnico-Xurídico.

Cuarto.-Con data do 29 de maio de 2000, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo outorgou a Manuel Bouzón Fernández, S.L. a concesión para a ocupación de 292 m de dominio público portuario estatal con destino a cetaria.

B) Fundamentos de dereito:

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo do 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Manuel Bouzón Fernández, S.L., con CIF: B36173375, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños, que se indica a continuación:

-Tipo: cetaria.

-Nome: Manuel Bouzón Fernández, S.L.

-Actividade: estabulación.

-Especies: boi (Cancer pagurus), camarón (Palaemon spp.), centola (Maja squinado), lagosta (Palimurus spp.), lumbrigante (Homarus ganmarus), nécora (Macropipus puber).

-Localización: dársena 3 do porto de Vigo, Vigo (Pontevedra).

-Superficies:

Dominio privado: 0 m.

Dominio público: 292 m.

-Características das instalacións:

Naves nº:

1 Superficie: 22,5x11,7 mXm.

Piscinas nº: 2

1 Rectangular: superficie: 12,2x3,45 m.

1 Rectangular: superficie: 7,7x4,4 m.

Superficie total: 75,3 m

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG. Poderá prorrogarse por períodos máximos de outros dez anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

A vixencia dos títulos habilitantes, permiso de actividade e concesión da ocupación do dominio público, así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar, deberán ser coincidentes.

Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo consonte o proxecto básico: nave para viveiro no Porto de Vigo-Nave A 4, subscrito en maio de 2000, polos arquitectos Antonio Hernández Crespo e Ernesto Cid Sueiro, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 13 de xuño de 2000, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 24 meses, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse conforme o disposto nos artigos 5 e 6 da Orde do 27 de marzo de 2000 anteriormente citada.

Cuarta.-Nin o establecemento, nin o dominio público ocupado, nin as obras nel executadas poderán destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión de ocupación do dominio público, ó abeiro do disposto na Resolución do 29 de maio de 2000 do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, que será vinculante para esta consellería, o permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contenciosa-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura