Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2001 Páx. 5.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do parque eólico denominado Monte Treito. (Expediente 14/1998).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do parque eólico Monte Treito, con 21 aeroxeradores de potencia unitaria 850 kW e con 19 aeroxeradores de potencia

unitaria 660 kW, potencia total 30,39 MW, rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV interconectando os aeroxeradores coa subestación eléctrica, sito nos termos municipais de Dodro, Rois, Rianxo e Lousame (expediente 14/1998), por resolución da Consellería de Industria e Comercio de data 15 de febreiro de 2001 a favor da entidade beneficiaria Gamesa Energía, S.A., e mediante Resolución do 23 de marzo de 2001 autorizado o cambio de titularidade e subrogación de dereitos e obrigas a favor da entidade Sistemas Energéticos La Muralla, S.A., con enderezo na avenida do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-lo día 16 de maio de 2001 no Concello de Rois, para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos afectados que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obras, dos predios nº 1 e 2 da relación que se xunta que resultaron de titulares descoñecidos, e se expón con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Rois, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia de data 15 de outubro de 1999, excluídos os mutuos acordos logrados.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 10 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de bens e dereitos afectados parque eólico Monte Treito

PredioPropietarioAfección

Nome e

apelidos

EnderezoSuperficie afectada

de vías (S.E.)

Superficie afectada

aerox. plataforma (S.E.)

Superficie afectada

gabia (S.E.)

Superficie afectada

de voo de pas (L.D.)

Superficie de protección

eólica (O.T. e L.D.)

1Descoñecido12.000 m1.200 m1.364 m2.018 m29.200 m

2Descoñecido5.238 m1.200 m1.557 m2.588 m38.000 m

(S.E.) Superficie que se vai expropiar. Ocupación de pleno dominio (L.D.) Limitacións de dominio. Servidume de paso ou de voo (O.T.) Ocupación temporal. Durante a etapa de construcción do parque e unha vez rematadas as obras: servidume de protección eólica (L.D.).