Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.557

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Botamavi, S.L.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001, do convenio colectivo para a empresa Botamavi, S.L., con nº de código 3603192, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-3-2001, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 26-2-2001. De conformidade co disposto no artigo 15 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo 22 de marzo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta do acordo

En Vigo, o 26 de febreiro de 2001.

Reunidos:

José Manuel García Vázquez, en calidade de administrador da empresa Botamavi, S.L.

Miguel García Agrafojo, en representación dos traballadores.

Ramiro Otero Rodríguez e Mª Cristina Fernández Silva, na súa calidade de asesores, o primeiro da central sindical e a segunda da empresa.

Na sede do domicilio social da empresa, reúnense os sinalados (logo da convocatoria cursada para o efecto), integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Botamavi, S.L., co obxecto de dar cumprimento ó previsto nos seus artigos 15 e 16 sobre revisión salarial, así como incorpora-los acordos, sobre as materias sociais que a seguir se desenvolven:

Primeira.-Acórdase aplica-la variación anual equivalente ó 4% sobre os conceptos especificados no artigo 15 do convenio colectivo, repercutindo as diferencias por atrasos que correspondan sobre as retribucións aplicadas nos recibos de nómina do pasado mes de xaneiro.

Segunda.-Acórdase retribuí-los traballadores cunha compensación económica como consecuencia daquelas situacións que sen prestar apoio efectivo, han de permanecer á disposición da empresa. A contía do dito complemento de dispoñibilidade será de 730 pesetas/hora exclusivo do persoal de terra e 1.350 pesetas/hora aplicables ó persoal marítimo.

Terceira.-Acórdase compensa-los traballadores que ó longo do mes prestan servicios, en lugar distinto ó traballo habitual (recinto portuario) e que se corresponde cos peiraos de Cangas, Moaña, Rande e A Chapela, a empresa aboará a cada traballador a cantidade de 4.125 pesetas/día, efectivo de desprazamento.

Cuarta.-Se ben se ampliou o prazo para adapta-los compromisos por pensións segundo o establecido no Real decreto 1588/1999, ata o próximo 16 de novembro de 2002, neste acto a empresa comprométese a solicitar orzamento para promover e contratar un plan de pensións do sistema de emprego en cumprimento da citada normativa.

E en proba de conformidade de todo canto antecede, asínase a presente acta no lugar e data expresados no encabezamento.

J. Manuel García Vázquez

Administrador

Mª Cristina Fernándz Silva

Asesora

Miguel J. García Agrafojo

Representante dos traballadores

Ramiro Otero Rodríguez

Asesor