Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2001 Páx. 5.551

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do transporte público de mercadorías por estrada.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do transporte público de mercadorías por estrada,

con nº de código 3602135, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-3-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías, Asociación de Agencias de Transporte, Asociación de Transporte Frigorífico e Asociación de Transporte de Pescado, e da parte social polas centrais sindicais UGT e CC.OO., en data 9-3-2001, de conformidade co disposto no Artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de marzo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o transporte

público de mercadorías por estrada da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a tódalas empresas dedicadas ás actividades de transporte regular e discrecional de mercadorías e axencia de transporte, establecidas na provincia de Pontevedra e que, mesmo residindo fóra dela, teñan establecemento dentro da mesma provincia no que respecta ó seu persoal.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, contando desde o 1 de abril de 2000 ata o 31 de marzo de 2002. Entrará en vigor ós dez días da sinatura, ben que os efectos económicos dos salarios pactados para o primeiro ano de vixencia do convenio se retrotraerán ó 1 de abril de 2000.

Entenderase prorrogado de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, con tres meses de anticipación, ó menos, á data da súa terminación. A denuncia deberase facer por escrito dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan á totalidade do persoal contratado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, exceptuando unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Compensación de melloras.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que xa viñesen rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º.-Absorción.

As melloras que, por disposición legal ou regulamentaria se poidan establecer no futuro serán absorbibles polos aumentos acordados no presente convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, rexerase para cada un dos anos de vixencia do convenio polas táboas salariais anexas: a táboa anexa I para o período 1-4-2000 a 31-3-2001; e a táboa salarial anexa II para o período 1-4-2001 a 31-3-2002.

Artigo 8º.-Revisión salarial.

No caso de o índice de prezos de consumo (IPC) rexistrar no 31 de marzo do ano 2002 un incremento, respecto do 31 de marzo de 2001, superior ó 4%, este exceso servirá de base para a negociación do seguinte convenio.

No momento en que se coñeza o IPC citado anteriormente, procederase a cuantifica-lo exceso, calculado sobre os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para o 2001, adicionándoo ós salarios vixentes no 31 de marzo de 2002, e sobre a cantidade resultante calcularanse os incrementos salariais que deberán rexer a partir do 1 de abril de 2002.

Artigo 9º.-Antigüidade.

A promoción económica en función do traballo desenvolvido, que se devengará desde o día 1 do mes natural seguinte ó seu vencemento, queda fixada nun 5 por cento do salario base ós cinco anos, un 10 por cento ós dez anos, un 15 por cento ós quince anos, e un 20 por cento ós vinte ou máis anos de servicios computables.

Ós traballadores que viñesen percibindo importes polo concepto de antigüidade, calquera que for a súa denominación, en contía superior á que resulte do novo sistema establecido no parágrafo anterior, respectaráselles, a título persoal, mentres lles resulte máis favorable, o dereito a cobraren a cantidade que viñesen percibindo por tal concepto o 31 de decembro de 1997; ós que nesa data estean en curso de adquisición dun novo tramo temporal recoñeceráselles no seu momento -salvo que ámbalas partes acorden outra forma de compensación- o dereito a cobraren, a título persoal, a cantidade que terían devengado ó consolidalo, calculada conforme os salarios vixentes en tal momento.

Artigo 10º.-Complementos salariais.

Establécense os seguintes complementos salariais:

a) O conductor de vehículos con guindastre que realice ó propio tempo funcións de manipulador de guindastre, terá dereito a un complemento salarial consistente no importe de 6.000 pesetas mensuais para o primeiro ano de vixencia do convenio, e 6.500 pesetas mensuais para o segundo ano de vixencia, salvo aqueles conductores manipuladores de guindastre que veñan percibindo cantidades superiores á establecida nesta cláusula.

b) O conductor de vehículos capitoné dedicados a mudanzas que, ó propio tempo, realice as funcións propias da mudanza e demais servicios que esta actividade require, percibirá a cantidade de 5.000 pesetas mensuais durante o primeiro ano de vixencia do convenio, e de 6.000 pesetas no segundo ano de vixencia.

c) O conductor de camións ou furgonetas de negro fume que ó propio tempo teña que inspecciona-lo seu estado, limpeza e conservación, e as súas bocas de carga e descarga, así como empatar e desempata-las mangueiras de carga e descarga do propio vehículo, cando así o requira o servicio, percibirá a cantidade de 6.000 pesetas mensuais durante o primeiro ano de vixencia do convenio e de 6.500 pesetas no segundo ano de vixencia.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, máis antigüidade, se é o caso. Denominaranse 25 de xullo, Nadal e beneficios, e serán feitas efectivas antes do 22 de xullo, 22 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

O persoal que saia da súa residencia por causa do servicio terá dereito a percibir unha indemnización polos gastos que se lle orixinen, que recibirá o nome de axuda de custos.

No caso de que non se traslade en vehículo da empresa, terá dereito a que se lle aboe o importe do billete en segunda clase, con dereito a liteira, se a viaxe for nocturna.

O importe das axudas de custo para o primeiro ano de vixencia será o que a seguir se reflicte:

1. Galicia: 4.714 pesetas axuda de custo completa, repartidas en 1.285 pesetas o xantar, 1.285 pesetas a cea e 2.144 pesetas a pernoita.

2. Territorio nacional e Portugal: 5.651 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 1.542 pesetas o xantar, 1.542 pesetas a cea e 2.567 pesetas a pernoita.

3. Restantes países europeos: 10.365 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 2.825 pesetas o xantar, 2.825 pesetas a cea e 4.715 pesetas a pernoita.

A empresa terá a facultade de asumi-lo pagamento de aloxamento e comida do traballador en substitución das axudas de custo.

Nos casos de destacamento, as axudas de custo establecidas neste artigo sufrirán unha reducción do 33%, sen prexuízo da facultade do precedente parágrafo que se recoñece á empresa.

Terán dereito a axudas de custo enteiras os que saian da súa residencia antes das doce horas e regresen despois das cero horas.

Percibirase a parte da axuda de custos correspondente ó xantar, sempre que o traballador saia da súa residencia antes das doce horas e regrese despois das catorce horas.

Cobraranse axudas de custo para a cea cando a saída se efectúe antes das vinte horas e a chegada despois das vintedúas horas.

A pernoita correspóndelles ós que cheguen á residencia despois das cero horas.

Para o segundo ano de vixencia do convenio o importe polo concepto das axudas de custo será o seguinte:

1. Galicia: 4.855 pesetas axuda de custo completa, repartidas en 1.324 pesetas o xantar, 1.324 pesetas a cea e 2.207 pesetas a pernoita.

2. Territorio nacional e Portugal: 5.820 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 1.588 pesetas o xantar, 1.588 pesetas a cea e 2.644 pesetas a pernoita.

3. Restantes países europeos: 10.676 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 2.910 pesetas o xantar, 2.910 pesetas a cea e 4.856 pesetas a pernoita.

Artigo 13º.-Recibo de salario.

A liquidación e pagamento do salario faranse puntual e documentalmente na data e lugar convidos ou conforme os usos e costumes. O período de tempo a que se refire o aboamento das retribucións periódicas e regulares non poderá exceder un mes.

A documentación do salario realizarase mediante a entrega ó traballador dun recibo individual e xustificativo do pagamento, axustado ó modelo oficial.

Artigo 14º.-Non discriminación.

De conformidade co establecido no artigo 14 da Constitución, artigo 4.2º c) do ET, e artigo 12 do Acordo xeral de transporte de mercadorías por estrada, os traballadores terán dereito a non ser discriminados por razón de sexo, orixe, estado civil, raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas, afiliación ou non a un sindicato, así como por razón de lingua.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada semanal ordinaria de traballo será de 40 horas efectivas para todo o persoal, de acordo co Estatuto dos traballadores.

A xornada anual ordinaria será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo.

Cando a súa distribución a nivel de empresa supoña a superación das 40 horas semanais, o control e cómputo da xornada verificarase bimestralmente en termos de media.

Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, respectándose en todo caso o tempo máximo de xornada ordinaria anual mencionada anteriormente

Para efectos de xornadas especiais, será de aplicación o disposto no Real decreto 1561/1995, do 8 de novembro, e demais disposicións específicas para o sector de transportes.

En relación co calendario laboral, observarase o disposto no artigo 34.6º do Estatuto dos traballadores e Real decreto 1561/1995.

Artigo 16º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de 30 días naturais, que se desfrutarán nun ou dous períodos.

En caso de fraccionamento, un dos períodos nunca será inferior a catorce días, e os traballadores terán dereito a desfrutar un día máis nun deles.

Un deles desfrutarase preferentemente nos meses de verán.

As datas de desfrute acordaranse entre empresario e traballadores, non podendo iniciarse nin en domingo nin en festivo.

Artigo 17º.-Traballos nocturnos.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá terán unha retribución específica incrementada nun 25% sobre o salario base.

Exclúese da cobranza do expresado complemento os traballadores coa categoría de serenos, gardas e vixilantes, así como coa de lavacoches e mecánico de taller (co límite nos dous últimos casos de un cada dez vehículos por empresa) que fosen contratados especificamente para traballar no período nocturno.

Tamén se exclúe da cobranza deste complemento os demais traballadores que realicen traballos nocturnos cos que se pactasen condicións salariais máis favorables e/ou de reducción de xornada laboral, na proporción antes indicada.

Artigo 18º.-Traballos en domingos e festivos.

Os domingos e festivos, se por excepcional necesidade da empresa, o traballador non puidese desfrutar do seu descanso neses días, farao dentro da semana seguinte, sinalándose o día con anterioridade, ou cobrarao co incremento establecido na lexislación vixente.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias estructurais.

Para os efectos do previsto no Real decreto 92/1983, e a Orde do 1 de marzo de 1983 do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, sobre cotización adicional de horas extraordinarias estructurais, consideraranse como tales as que se realicen con ocasión de accidentes ou para solucionar necesidades urxentes e prementes que veñan esixidas de inmediato polo servicio, as que obedecen a períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da propia natureza da actividade de transportes.

Artigo 20º.-Cadernos de control.

Todo o persoal que traballe horas extraordinarias será provisto dun caderno individual ou de ficha de control, no cal se irán anotando aquelas, así como as sucesivas liquidacións que se fagan.

Artigo 21º.-Licencias e permisos.

O traballador, precedendo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillos ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispón verbo da duración da ausencia e a súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto un do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 22º.-Accidente de traballo e enfermidade.

Durante as situacións de incapacidade laboral transitoria derivadas de accidente de traballo, as empresas completarán, ata o importe íntegro, o salario do convenio e por un máximo de tres meses, contando desde a data da baixa, a prestación económica aboada pola Seguridade Social.

Se, ocorrido o accidente de traballo, se hospitalizase o traballador, as empresas deberán completar, durante a hospitalización e por un máximo de seis meses, incluído o período de tres meses citado no parágrafo anterior, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Por outra parte, nas situacións de incapacidade laboral transitoria derivadas de enfermidade común que motive hospitalización, as empresas completarán durante a hospitalización e ata un máximo de seis meses, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 23º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo. O traballador excedente conserva soamente o seu dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houber ou se producisen na empresa.

Artigo 24º.-Extinción do contrato.

O contrato de traballo extinguirase polas causas establecidas polo ET e demais disposicións de aplicación.

En o (SIC) deberá notifica-la denuncia do contrato con anticipación á súa finalización. Se a súa duración é superior a un ano, a denuncia deberase cursar cunha anticipación mínima de 15 días. O incumprimento polo empresario do prazo anterior dará lugar a unha indemnización equivalente ós días en que o prazo se incumprise.

Nos supostos de demisión ou cesamento por vontade do traballador, todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Para isto, o persoal comunicaralle á dirección da empresa a data do seu cesamento cunha anticipación mínima de 15 días, excepto para o persoal non cualificado, para o cal o aviso será cunha anticipación de oito días.

Cando un traballador pretenda a rescisión do contrato, deberá seguir prestando os seus servicios en canto non transcorran os prazos sinalados no presente artigo.

O abandono do posto de traballo sen que transcorresen os prazos sinalados será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario base dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data en que, cumprido o trámite de aviso previo, lle correspondería o cesamento.

Artigo 25º.-Uniformes.

A empresa e mailo traballador cumprirán canto se refire á uniformidade, conforme se determine no vixente Acordo xeral para as empresas de transportes de mercadorías por estrada.

Artigo 26º.-Roupa de traballo.

As empresas que dispoñan de taller facilitaranlle ó seu persoal calzado adecuado, tendo en conta para isto o traballo específico que o persoal efectúe no taller.

Artigo 27º.-Taboleiros de anuncios.

De acordo co artigo 81 do ET, nas empresas, sempre que as súas características o permitan, porase ó dispor dos delegados de persoal un taboleiro de anuncios, co fin de informa-los traballadores dos asuntos laborais que sexan de interese para o persoal.

Artigo 28º.-Prevención de riscos laborais.

A empresa e a representación dos traballadores na empresa comprométense a cumpri-la Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 29º.-Seguro de accidente laboral.

A empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores, de 2.800.000 pesetas por cada un, de forma que, en caso de falecemento por accidente laboral ó servicio da empresa, a cantidade citada sexa cobrada polos seus herdeiros legais.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de Seguridade Social, senón un complemento.

Con efectos do 1 de agosto de 2001, as empresas contratarán un seguro colectivo a favor dos seus traballadores por un capital asegurado de 3.500.000 pesetas, que cubra o resto do falecemento ou invalidez permanente derivada de accidente laboral ó servicio da empresa.

Artigo 30º.-Retirada de carné de conducir.

En caso de que por resolución administrativa se produza a retirada do carné de conducir a un conductor por un período non superior a seis meses, durante a vixencia do convenio e conducindo un

vehículo da empresa para a que preste servicios, esta comprométese a lle facilitar ó productor afectado o posto de traballo mais idóneo, de acordo coa súa categoría profesional.

Se a retirada do carné de conducir é por resolución xudicial firme, o período non será superior a 90 días.

Artigo 31º.-Pagamento de multas.

As multas por infracción de tráfico imputables a culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. En caso de que a infracción non se deba a culpa ou imprudencia do traballador, as multas serán aboadas pola empresa.

Artigo 32º.-Xubilación anticipada.

As empresas e traballadores poderán pactar, existindo común acordo previo entre ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Por outra parte, o traballador que, con dez anos ó servicio da empresa, decida xubilarse anticipadamente percibirá unha gratificación nas contías seguintes:

* Ós 61 anos de idade: catro mensualidades.

* Ós 62 anos de idade: tres mensualidades.

* Ós 63 anos de idade: dúas mensualidades.

Artigo 33º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio, e en xeral para entender en cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria, integrada por un número igual de representantes económicos e das centrais sindicais signatarias do convenio.

A citada comisión elixirá o seu presidente, que non poderá ser membro do citado órgano.

Artigo 34º.-Indivisibilidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, considerado na súa totalidade.

Artigo 35º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio observarase o disposto no Acordo estatal para o transporte de mercadorías por estrada e demais disposicións legais vixentes, así como regulamentos da CEE e convenio nº 153 da OIT mentres sexan de aplicación en España.

Disposicións adicionais

Primeira.-Recoñecemento médico.

Dadas as características da actividade de transportes por estrada, recoméndaselles ás empresas que voluntariamente, precedendo acordo cos seus tra

balladores, leven a cabo anualmente recoñecementos médicos a través dos servicios correspondentes das mutuas patronais de accidentes de traballo, ou na forma que consideren mais idónea.

Segunda.-Atrasos salariais.

As diferencias salariais que as empresas estean a deber como consecuencia da entrada en vigor deste convenio con posterioridade ós seus efectos económicos do 1 de abril, serán aboadas no prazo máximo de 60 días, contando desde a súa entrada en vigor.

Terceira.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son as seguintes:

En representación dos traballadores: as centrais sindicais UGT, CC.OO.

En representación dos empresarios: as asociacións de empresarios de transportes discrecionais de mercadorías; transporte frigorífico; axencias de transporte e servicio regular de mercadorías; e transporte de peixe.

Vigo, 9 de marzo de 2001.

ANEXO I

Táboa de salarios

(Vixencia 1-4-2000 ó 31-3-2001)

Pesetas

Grupo I. Persoal superior e técnicos:
Subgrupo A)
I. Xefe de servicio153.208 mes
II. Inspector principal134.055 mes

Subgrupo B)
I. Enxeñeiros e licenciados140.641 mes
II. Enxeñeiros técnicos e aux. titulados107.724 mes
III. Axudantes técnicos sanitarios98.154 mes

Grupo II. Persoal administrativo:
I. Xefe de sección111.714 mes
II. Xefe de negociado103.736 mes
III. Oficial de primeira96.647 mes
IV. Oficial de segunda88.587 mes
V. Auxiliar administrativo84.056 mes
VI. Aspirantes de 16 e 17 anosSalario mínimo

segundo idade

Sección 2ª. Persoal de axencias de transporte:
I. Encargado xeral115.710 mes
II. Encargado de almacén110.384 mes
III. Capataz105.066 mes
IV. Auxiliar de almacén e basculeiro88.790 mes
V. Mozo especializado3.084 día
VI. Mozo carga, descarga e reparto2.987 día

Subgrupo B). Transporte de mercadorías:
I. Xefe de tráfico de primeira115.710 mes
II. Xefe de tráfico de segunda110.384 mes
III. Xefe de tráfico de terceira105.074 mes
IV. Conductor-mecánico3.381 día
V. Conductor3.265 día
VI. Conductor de motocicletas e furgonetas3.183 día
VII. Axudante3.095 día
VIII. Mozo especializado3.084 día
IX. Mozo de carga, descarga e reparto2.987 día

Pesetas

Grupo H). Transporte de mobles, mudanzas e gardamobles:
I. Xefe de tráfico115.710 mes
II. Inspector-visitador110.384 mes
III. Encargado almacén e gardamobles105.066 mes
IV. Capataz105.066 mes
V. Capitonista3.151 día
VI. Mozo especializado3.151 día
VII. Mozo2.987 día
VIII. Carpinteiro3.381 día
IX. Conductor-mecánico3.381 día
X. Conductor3.265 día
XI. Conductor furgonetas ou motocicletas3.180 día

Grupo IV. Persoal de talleres:
I. Xefe de taller121.473 mes
II. Encargado ou contramestre104.032 mes
III. Encargado xeral101.629 mes
IV. Encargado de almacén97.711 mes
V. Xefe de equipo3.477 día
VI. Oficial de primeira3.339 día
VII. Oficial de segunda3.195 día
VIII. Oficial de terceira3.072 día
IX. Mozo de taller2.741 día
X. Traballadores en formaciónSalario mínimo

segundo idade

Grupo V. Persoal subalterno
I. Cobrador de facturas84.026 mes
II. Telefonista84.026 mes
III. Porteiro84.026 mes
IV. Vixilante84.026 mes
V. Limpadora (por horas)334 hora
VI. Mozo dos recados de 16 e 17 anosSalario mínimo

segundo idade

Táboa de salarios

(Vixencia 1-4-2001 ó 31-3-2002)

Pesetas

Grupo I. Persoal superior e técnicos:
Subgrupo A)
I. Xefe de servicio159.336 mes
II. Inspector principal139.417 mes

Subgrupo B)
I. Enxeñeiros e licenciados146.267 mes
II. Enxeñeiros técnicos e aux. titulados112.033 mes
III. Axudantes técnicos sanitarios102.080 mes

Grupo II. Persoal administrativo:
I. Xefe de sección116.182 mes
II. Xefe de negociado107.885 mes
III. Oficial de primeira100.513 mes
IV. Oficial de segunda92.131 mes
V. Auxiliar administrativo87.418 mes
VI. Aspirantes de 16 e 17 anosSalario mínimo

segundo idade

Sección 2ª. Persoal de axencias de transporte:
I. Encargado xeral120.339 mes
II. Encargado de almacén114.799 mes
III. Capataz109.269 mes
IV. Auxiliar de almacén e basculeiro92.342 mes
V. Mozo especializado3.207 día
VI. Mozo carga, descarga e reparto3.106 día

Subgrupo B). Transporte de mercadorías:
I. Xefe de tráfico de primeira120.339 mes
II. Xefe de tráfico de segunda114.799 mes
III. Xefe de tráfico de terceira109.277 mes
IV. Conductor-mecánico3.516 día
V. Conductor3.395 día
VI. Conductor de motocicletas e furgonetas3.311 día
VII. Axudante3.219 día
VIII. Mozo especializado3.207 día
IX. Mozo de carga, descarga e reparto3.106 día

Pesetas

Grupo H). Transporte de mobles, mudanzas e gardamobles:
I. Xefe de tráfico120.339 mes
II. Inspector-visitador114.799 mes
III. Encargado almacén e gardamobles109.269 mes
IV. Capataz109.269 mes
V. Capitonista3.277 día
VI. Mozo especializado3.277 día
VII. Mozo3.106 día
VIII. Carpinteiro3.516 día
IX. Conductor-mecánico3.516 día
X. Conductor3.395 día
XI. Conductor furgonetas ou motocicletas3.308 día

Grupo IV. Persoal de talleres:
I. Xefe de taller126.332 mes
II. Encargado ou contramestre108.194 mes
III. Encargado xeral105.694 mes
IV. Encargado de almacén101.620 mes
V. Xefe de equipo3.616 día
VI. Oficial de primeira3.473 día
VII. Oficial de segunda3.323 día
VIII. Oficial de terceira3.195 día
IX. Mozo de taller2.851 día
X. Traballadores en formaciónSalario mínimo

segundo idade

Grupo V. Persoal subalterno
I. Cobrador de facturas87.387 mes
II. Telefonista87.387 mes
III. Porteiro87.387 mes
IV. Vixilante87.387 mes
V. Limpadora (por horas)347 hora
VI. Mozo dos recados de 16 e 17 anosSalario mínimo

segundo idade