Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001 de extinción por caducidade da concesión hidroeléctrica de Richinol (5/244/2/2).

Por resolución do Goberno Civil da Coruña de data 15 de novembro de 1907, outorgouse unha concesión a Inocencio Fuciños Quintás para aproveitar ata 750 litros de auga por segundo do río Furelos, no concello de Melide (A Coruña), con destino á producción de enerxía eléctrica.

O presidente de Augas de Galicia acordou o 8 de xuño de 2000 iniciar un expediente de extinción de caducidade desta concesión, baseado na falta de explotación desta, cunha interrupción permanente da explotación durante máis de tres anos consecutivos, imputable ó titular.

No expediente en cuestión non se puido atopa-lo enderezo do concesionario orixinal, Inocencio Fuciños Quintás, por se-la antedita concesión moi antiga.

Por medio do presente anuncio faise saber que o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, dictou resolución de extinción por causa de caducidade da concesión hidroeléctrica de referencia, transcribíndose a continuación a súa parte dispositiva:

«Primeiro.-Declara-la caducidade da concesión hidroeléctrica do Salto de Richinol, outorgada por resolución do Goberno Civil da Coruña con data do 15 de novembro de 1907, para o aproveitamento de augas no río Furelos, no concello de Melide (A Coruña), con base na interrupción permanente da explotación imputable ó titular durante tres anos consecutivos e polos motivos mencionados nos fundamentos xurídicos deste informe, cos efectos legais e regulamentarios correspondentes.

Segundo.-Notificarálle-lo contido desta resolución ós interesados con expresión dos recursos que legalmente procedan».

Contra a indicada resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación, e isto sen prexuízo de que poida exercitar, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.

O que se publica en cumprimento do disposto no punto cuarto do artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2001.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión

de Dominio Público Hidráulico